A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia únese á Universidade de Santiago de Compostela.
O Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o Reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinan un convenio para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia á Universidade. Este acordo supón un importante impulso dende o seu inicio á Real Filharmonía de Galicia. Así, a USC vai emitir un diploma específico de especialización orquestral.
O Consorcio asumeu a xestión da Escola de Altos Estudos Musicais dende o pasado mes de marzo. Una vez asumida a xestión, o Consorcio puxo en marcha a primeira convocatoria do curso avanzado de especialización orquestal para o período 2011-2013. Presentáronse 115 persoas procedentes de 17 países distintos, dos que serán seleccionados 18 alumnos que formarán parte do curso.