Detalle_SanPaioContinúa o ciclo de música de órgano Compostela Organum Festival, cun corcerto de órgano a cargo do soriano Jesús Gonzalo López.

Este concerto vai ter lugar mañá domingo 23 de maio, ás 20:30h, na Igrexa de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela.

O programa a interpretar por este magnífico organista e o seguinte:

Programa

“A la sopa de solfa frailuna”

Toadas e cancións castizas para órgano, máis algunha danza,

compostas e recollidas por frades organistas do barroco español.

 

Fray Antonio Martín I Coll (Recompilador / c. 1680-1734)

Obra de Clarín (con cancións e toada)

Chacona (Cancións comúns)

Anónimo (S. XVII, Monasterio do Escorial)

Obra sobre a toada do desmaio, 1º ton

Fray Joseph Torrellas (s. XVII)

Canción de 1º ton

Canción de 6º ton

Canción de 8º ton

Fray Christobal de San Jerónimo (Profesou en 1605)

Tiento de Toadas, 8º ton

Fray Antonio Martín I Coll (Recompilador / c. 1680-1734)

Obra de 3º ton, canción

Diferencias sobre a gayta

Folias (Tons de palacio)

Fray Bartholomé de Olagüe (s. XVII)

Toada de 8º ton

Xácara de 1º ton

Fray Diego de Torrijos (1653-1691)

Canción de 6º ton por Delasolre

Fray Antonio Martín I Coll (Recompilador / c. 1680-1734)

Pasacalles de 1º ton (Tons de palacio)

Ton indefinible, Ao prado de San Gerónimo,

Canarios, Ruede a bola, O ra-ta-ta

Os imposibles (Cancións comúns)

JESÚS GONZALO LÓPEZ órgano

Natural de El Burgo de Osma (Soria), iníciase na música con don Bienvenido García, canónigo organista da catedral. Mergúllase no mundo do órgano barroco da man de Lucía Riaño, estudando posteriormente órgano e clave no Conservatorio Superior de Música de Zaragoza con José Luís González Uriol, complementando a súa formación con Jan Willen Jansen (clave) e Santiago Macario Kastner (musicoloxía). Como intérprete percorreu a práctica totalidade da xeografía española, así como Inglaterra, Irlanda, Líbano, Francia, Suíza, Estonia, Principado de Andorra, Holanda, Portugal, Marrocos, Italia, Uruguai… Ten feito gravacións e escrito libros e artigos sobre temas de musicoloxía e organoloxía. Músico polifacético, ten colaborado en montaxes teatrais de autos sacramentais (Domus Aurea, Teatro La Luna, etc.), danza contemporánea (Ballet Víctor Ullate), cine de animación (C. López), música tibetana e canto de armónicos (Vox Vocis), etc.

Foi catedrático de clave do Conservatorio Superior de Música de Salamanca durante os anos 1992-94, e dende 1999 é profesor de clave no Conservatorio Profesional de Música de Zaragoza. Foi membro da Sección de Música Antigua da Institución “Fernando el Católico” e profesor do seu Curso Permanente de Órgano, coordinando as Xornadas Internacionais de Órgano de Aragón. Forma parte do consello asesor e científico de Nasarre, revista aragonesa de musicoloxía.

Ten realizado labores de asesoramento sobre a restauración de órganos históricos para a Xunta de Castilla e León, a Diputación de Zaragoza e o Goberno de Aragón. É tamén presidente da “Asociación para a Conservación do Patrimonio Musical Medieval en Aragón”. Dende o verán de 2008 é profesor do Curso de órgano de Briones (La Rioja).

 

Órgano de san paio de antealtares

Construído en 1787 por Alberto de la Peña. Trátase dun dos mellores expoñentes que se conservan da época dorada do órgano ibérico, instrumento dos chamados polifónicos e consola integrada na fachada. Gerhard Grenzing foi o organeiro encargado da súa restauración, primeiro grazas as axudas concedidas pola Fundación Barrié de la Maza en 1974 e posteriormente polo Consorcio da Cidade de Santiago. Inaugurouse o 27 de Xullo de 1996 cun concerto a cargo da organista Monserrat Torrent.

 

Composición: dous teclados partidos, dez contras e cuarenta e catro rexistros.