O Concurso Musical Caixanova de Música de Cámara rematou onte a fase final. O concurso organizado polo Conservatorio Profesional de A Coruña xunto con Caixanova chegou onte dia 4 de Maio a final premiando a dous grupos de cámara de xoves músicos Coruñeses. Os premiados foron os seguintes:
-Primeiro Premio: Quinteto de vento “Ma non troppo”
(composto polo trompista Jacobo Loza, a fagotista Elena Garcia-fresca, a frautista Rocio Balboa, a oboista Carolina Rodríguez e o clarinetista Javier Cudeiro).
-Segundo Premio: Quinteto de corda “Sin tempo” (composto polas violinistas Raquel Paleo e Sara Caballero, o contrabaixo Luciano Varela, a chelista Virginia del Cura Miranda e o viola Mario Carrera.