A Agrupación Musical do Rosal convoca un concurso de composición de pasodobres con motivo do seu 25 aniversario.
Este concurso rexirase polas seguintes bases:
Bases:
1. Poderán participar todos os compositores españois ou extranxeiros, noveis ou profesionais.
2. As composicións sen texto literario, deberán ser orixinais e inéditas, sen que foran confiadas anteriormente para a súa interpretación a banda algunha nin presentados a outros concursos. Si se comprobase que algunha destas circunstancias non se cumplisen, a adxudicación do premio quedaría anulada e sen efecto.
3. As composicións presentadas a concurso deberán clasificarse dentro da modalidade de “Pasodobre de concerto” e a súa instrumentación será con arreglo á plantilla instrumental que se menciona no anexo das presentes bases.
4. As obras entregaranse persoalmente, por correo ou mensaxería no Auditorio Municipal do Rosal situado na calle Cousa, s/n – 36770 (Pontevedra), indicando “Para o concurso de Composición de Pasodobres 25 Aniversario da Agrupación Musical do Rosal”, sen alusión algunha ó remitente.
5. Os concursantes presentarán as súas obras por medio dun sobre pechado contendo a partitura co lema e o seudónimo do autor, así como outro sobre pechado, no que figurará no exterior o seudónimo empregado e no seu interior unha fotocopia do DNI, como identificación do autor, cos seus datos persoais, dirección, teléfono, idade, e-mail, etc. Adxuntado tamén unha declaración xurada de que a obra presentada é orixinal e inédita, que non foi nin editada nin estreada e a aceptación de todas e cada unha das condicións establecidas nas presentes bases.
6. Os traballos poderán presentarse impresos no sistema informático, (adxuntando soporte dixital) ou manuscritos, sento neste caso imprescindible un grafismo claro, sen enmiendas nin tachaduras.
7. Adxuntaranse 5 exemplares da partitura de director, nos que non poderán figurar nome ou seudónimo coñecido do autor, senon só o lema libremente elixido por éste.
8. O prazo de presentación dos traballos rematará ás 13.00 horas do 17 de outubro de 2011. Nos envíos realizados por correo ou axencia de transportes deberá constar a data da súa entrega, considerando incluidas aquelas que o sexan con igual data á de finalización do prazo de presentación.
9. A organización do Concurso nomeará un Xurado Técnico que estará formado por tres persoas de rocoñecido prestixio musical, dos cales un realizará as funcións de Presidente. O secretario, será un membro da Agrupación Musical do Rosal. Os membros do xurado faranse públicos unha semana antes da realización do concurso.
10. De todos os pasodobres presentados o Xurado Técnico seleccionará un total de cinco. Unha vez se lles comunique ós seus autores a súa condición de finalistas terán que presentar no plazo de 10 días as partichelas da obra.
11. Os pasodobres finalistas serán interpretados pola Agrupación Musical do Rosal no Auditorio Municipal do Rosal no mes de decembro (data a determinar). En dito acto procederase ó fallo do xurado e á entrega de premios.
12. Nesta derradeira fase interpretaranse os 5 pasodobres participantes no concurso e outros 5 pasodobres xa editados que se interpretarán fora do concurso.
13. Otorgaranse os seguintes premios, podendo coincidir estos premios entre sí:
*Premio “Terras Gauda” de 2.000 € e Diploma otorgado polo Xurado Tércnico, patrocinado por Adegas “Terras Gauda”.
*Premio de 600 € e Diploma otorgado por votación do Xurado Popular asistente ó concerto, patrocinado pola Fundación O Rosal.
*Premio de 600 € e Diploma otorgado por votación dos músicos da Agrupación Musical do Rosal, patrocinada pola Fundación O Rosal.
Ós autores das partituras finalistas que non houbeses obtido premio se lles fará entrega dun diploma que acredite a súa condición de finalistas neste concurso.
14. Os autores galardoados conservarán todos os dereitos que a Ley de Propiedade Intelectual concede ós autores ó respecto a audicións públicas, edicións impresas, grabacións e calquera outra recoñecidas pola Ley.
15. O pasodobre gañador do concurso otorgaráselle o nome que a Agrupación Musical do Rosal decida e que se fará público na entrega de premios.
16. Será obrigatorio mencionar nos programas dos concertos nos que se interpreten as obras premiadas, así como en edicións impresas, discos, edicións radiofónicas ou televisión a seguinte lenda:
* 1er. premio do Concurso de Composición de Pasodobres “25 Aniversario Agrupación Musical do Rosal”.
*Premio do público no concurso de Composición de Pasodobres “25 Aniversario Agrupación Musical do Rosal”.
*Premio dos componentes da Agrupación Musical do Rosal no Concurso de Composición de Pasodobres “25 Aniversario Agrupación Musical do Rosal”.
17. As partituras das obras premiadas pasarán a integrar o arquivo da Agrupación Musical do Rosal, podendo ser editadas e grabadas sen necesidade do permiso do autor.
18. O pasodobre gañador da presente edición volverase interpretar como cerre ó acto de entrega de premios do presente concurso de composición de pasodobres.
19. Os pasodobres non premiados poderán ser recollidos ata o 30 de decembro do presente ano, pasándo este prazo serán destruidos pola organización.
Para máis información:
www.bandadorosal.org
Tlf.Oficina: 986.626.311
Móvil: 609.866.792
[email protected]
Plantilla instrumental:
Flauta 1º y 2º
Flautín (opcional)
Oboe 1º y 2º
Corno Inglés (opcional)
Fagot 1º y 2º
Clarinete Eb
Clarinete Bb 1º, 2º y 3º
Clarinete Baixo
Saxofón Alto 1º y 2º
Saxofón Tenor 1º y 2º
Saxofón Barítono
Trompeta Bb 1º, 2º y 3º
Fliscorno (opcional)
Trompa F 1º, 2º, 3º y 4º
Trombón baixo (opcional)
Violonchelo
Bombardino 1º y 2º
Tuba 1º y 2º
Contrabaixo (opcional)
Percusión, ata un máximo de 7 partichelas distribuidas co seguinte instrumental: Timbais (4), Bombo de concerto, Pratos de choque, caixa de concerto, redobrante, xilófono, vibráfono, lira, castañuelas, pandeireta, caixa china, temple blocks, pratos suspendidos, cortina, triángulo.