Manuel_VilasO Ensemble Ars Atlántica mostranos o programa Cantan Tres Ruiseñores (Música Barroca Española para unha, dous ou tres voces de arpa) en dous concertos que terán lugar en Pontevedra e en Xinzo de Limia. O canto do reiseñor está moi presente nun bo número de pezas vocais do barroco hispano, de aí o suxestivo título do programa. Unha pequena mostra da arte vocal española do século XVII, composta por pezas sacras e profanas para unha, dúas e tres voces agudas con acompañamento de arpa de dúas ordes. A arpa é un instrumento de capital importancia na práctica musical desta época, imprescindible tanto nas capelas das catedrais coma nas compañías de teatro. Moitas das obras do programa son inéditas e proceden de centros musicais tan importantes como Santiago de Compostela, Guatemala, Lima, Barcelona e Madrid. Ars Atlántica, é un grupo fundado e dirixido polo arpista compostelán Manuel Vilas, un dos nosos músicos máis internacionais e recoñecidos dentro do mundo da música antiga. A formación está especializada no estudo e interpretación da música española, portuguesa, italiana e hispanoamericana dos séculos XVII e XVIII e, nesta ocasión, conta, ademais de coa soprano Magadalena Padilla e a mezzosoprano Marta infante, coa soprano galega e solista do grupo Resonet, Mercedes Hernández. Mercedes Hernández: soprano<<<<<< 18.30 horas