Concerto no que participarán as tres agrupacións pertencentes a esta asociación.
Con motivo da celebración do día da patroa dos músicos, Santa Icía, o próximo sábado 20 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo ofrecerá, a partir das 20:00 horas, un concerto no que intervirán as súas tres agrupacións: a Banda Xuvenil de Salcedo, a Coral Polifónica de Salcedo e a Banda de Música de Salcedo, sendo o desta o seu primeiro concerto despois de conseguir o primeiro premio (Sección Primeira) no X Certame Provincial de Bandas de Música o pasado mes de Outubro.
O acceso, como noutras ocasións, será gratuíto ata completar aforo.