O sábado 24 de marzo terá lugar o Concerto X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro sábado 24 de marzo terá lugar o Concerto X Aniversario da Escola de Música de Rianxo ás 20.00 h no Auditorio da vila. Este concerto será ofrecido pola Banda Infantil e a Banda da Escola de Música de Rianxo.
As entradas (de balde) poden retirarse unha hora antes de que comence o concerto, dándose un máximo de dúas por persoa.
O programa deste concerto é o seguinte:
Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo
- Alborada de Ribadeo (Francisco Landín)
- Dusty West Suite (Antón Alcalde)
- Welcome, Amigo!
- Stuck In Guacamole -(The Saloon)
- Ride, cowboy really!
- At the Campfire-(The Great Spirit form West)
- Adios, Amigo!
Banda da Escola de Música de Rianxo
- Sedona (Steven Reineke)
- Pequeña Czarda (P. Iturralde) Solista: José Fungueiriño
- Peza para timbais e banda (Anónimo) Solista: Ramón Pérez
- Marcha Ceremonial (Antón Alcalde) (Estrea)
Rianxo – 24 de marzo de 2012 ás 20.00h.