Polo dia do pai, Victor Pablo Perez e a Orquesta Sinfónica de Galicia interpretarán obras de Chaikovski e Scriabin.
PIOTR ILlICH CHAIKOVSKI (1840-1893)
Concerto para violín e orquesta, en re maior, op. 35
ALEXANDR SCRIABIN (1872-1915)
Sinfonía nº 1, en mi mayor*
19 de marzo de 2010
Lugar: Palácio da Ópera de A Coruña
Orquesta Sinfónica de Galicia
Víctor Pablo Pérez director
Gidon Kremer violín
Pilar Vázquez mezzo
Roger Padulés tenor
Coro da OSG
Joan Company director do coro
Ao longo do século XIX, o século romántico, compuxeronse tres grandiosos concertos para violín e orquesta na mesma tonalidade –a de re maior– e coa coincidencia tamén de ser obras únicas, neste xénero, dos seus respectivos autores: Beethoven, Brahms e Chaikovski. Dous deles figuran na presente temporada da OSG: neste programa de música rusa, o de Chaikovski, cuxo lirismo e brillantez manteñeno dende a sua estrea entre os favoritos de intérpretes e públicos. Completa o programa a Sinfonía nº 1 de Scriabin, obra escrita no paso ao século XX e na que o pasional temperamento do autor fusiona as influencias de Liszt e Wagner con un certo color ruso.