Carlos_GuerraConcerto monográfico de música sacra para órgano a cargo de Carlos Guerra, na igrexa de San Miguel dos Agros.

 

O próximo sábado 15 de maio, na igrexa de San Miguel dos Agros, concerto monográfico de música sacra para órgano a cargo de Carlos Guerra. Este concerto está englobado no Compostela Organum Festival. A entrade e libre ata completar aforo.

 

O programa do concerto e o seguinte:

Programa

 

G. Farnaby (1560-1640)

A toye

Anónimo (s. XVI)

Upon la mi re

A. DE CABEZÓN (1510-1566)

Sete versos para o Magnificat

A. DE CABEZÓN (1510-1566)

Tiento de 1º ton

F. CORREA DE ARAUXO (1584-1654)

Tiento de medio rexistro de tiple

F. Correa de Arauxo (1584-1654)

Tiento de 4º ton

J. P. Sweelinck

Allein Gott in der Höh’ sei Her

S. AGUILERA DE HEREDIA (1561-1627)

Tiento de 8º ton alto

S. Durón (1660-1716)

Gaytilla de man esquerda

J. B. Cabanilles (1644 – 1712)

Batalla Imperial

 

CARLOS ARTURO GUERRA PARRA órgano

Naceu en Belmonte (Cuenca) en 1978. En 1993 iniciábase no estudo do piano co pianista conquense Manuel Ángel Ramírez. En 1997 entrou no Conservatorio Profesional de Música de Cuenca, realizando os estudos de Piano con Mª Teresa Untoria Atienza. En 2003 comenzou o estudo do Órgano co profesor Anselmo Serna no Conservatorio Profesional “Arturo Soria” de Madrid e transcribíu as obras para dous órganos conservadas no Arquivo da Catedral de Cuenca, traballo becado polo Patronato Universitario “Gil de Albornoz”. En 2006 organizou e participou como intérprete nos concertos postinaugurais do órgano da Epístola da Catedral de Cuenca e, posteriormente, dentro da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, tras a restauración do órgano do Evanxelio. Actualmente realiza os estudos superiores de música na Escola Superior de Música de Cataluña co organista Óscar Candendo Zabala complementando a súa formación coa actividade concertística e a participación en cursos con renomeados organistas como Daniel Roth, Michael Bouvard, Jan Willem Jansen, Monserrat Torrent, Fausto Caporali y Edoardo Bellotti entre outros.

 

Órgano de SAN MIGUEL DOS AGROS

É o único testimonio inconcluso que se conserva en Santiago do traballo de Pedro Méndez Mernies, organeiro da catedral. Foi realizado entre 1841 e 1842. Trátase dun órgano modesto, aínda que bastante adecuado para a interpretación do repertorio ibérico anterior ao século XIX. O instrumento está composto por unha austera fachada de estilo clásico, acorde coa arquitectura da igrexa. No ano 2000 foi rehabilitado polos organeiros Fedreric e Jean Desmottes baixo o patrocinio da Diputación da Coruña

Composición: Teclado único de 54 notas C1 – f5 e pedaleiro con 8 pisas de enganche permanente.

 

DÍA: Sábado 15 de maio de 2010

HORA: 20:30 horas

LUGAR: Igrexa de San Miguel dos Agros, Santiago de Compostela