O Tel Aviv Trío vai ofrecer un concerto no auditorio do Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra.
Este concerto terá lugar o Mércores 7 de abril de 2010 ás 20:30 h.
O Tel Aviv Trío está formado polos músicos
Violín: Raquel Castro Pego
Viola: Yuval Gotlibovich
Violonchelo: Jonathan Gotlibovich
O programa deste concerto e o seguinte:
1ª Parte:
Serenata, D Major, Op. 8: Beethoven
I. Marcia; Allegro
II. Adagio
III. Menuetto; Allegretto
V. Adagio-Scherzo
V. Allegretto Alla Pollaca
VI. Thema Con Variazioni; Andante Quasi Allegretto
VII. Marcia: Allegro
2ª Parte:
Serenata para Trío de Corda en Do Maior, Op. 10: Dohnanyi
I. Marcia
I. Romance
III. Scherzo
IV. Tema Con Variazione
V. FinaleRaquel Castro Pego Disfruta dunha carreira cómo intérprete e pedagoga do violín.
As sús recentes actuaciónes levárona a países como Gran Bretaña, Italia, Eslovenia, Croacia,
Estados Unidos, Francia, Israel, España e diversos países de Oriente Medio. Recibe a súa formación
en España e Londres. Completa os seus estudos na Universidade de Indiana, e grazas ó disfrute
dunha beca do programa Fulbright consegue o Masters en Música coas máximas calificacións baixo a
tutela do mestre Mauricio Fuks, do cal foi asistente. Foi invitada pola profesora Mimi Zweig para
impartir clases na Summer Festival Academy en Bloomington e tamén invitada pola
Universidade de Indiana para impartir clases ó estudio do mestre Fuks.
En decembro de 2005 conseguíu a praza de primeiro violín solista na
nova formación ENEMC (Ensemble Nacional Español de Música Contemporánea). É invitada nacional e
internacionalmente para impartir masterclases, seminarios e cursos de violín. Dende setembro de 2004
é profesora de violín na Escola Superior de Música de Catalunya.
Jonathan Gotlibovich Fundador membro do Tel Aviv Soloist Ensemble, onde el é o chelista principal
e un solista frecuente con este aclamado grupo. Jonathan Gotlibovich é invitado regularmente
aos mellores grupos de cámara de Israel, ensembles, festivais e actuacións, tanto como solista ou
instrumentista de cámara. El é profesor no ¨Baremboim- Said¨ School of Music en Nazaret e
no ¨Sadna¨ en Xerusalen. El é membro do Trio Animando, e fixo numerosas gravacións tanto de
música clásica coma de música de películas e cancións israelís.
Yuval Gotlibovich Violista gañador de concursos internacionais, Yuval Gotlibovich gañou o
Tertis Viola Competition así coma os concursos de Aviv e Fischoff. A carreira concertística de
Gotlibovich espándese a través de Europa, America do Norte e Israel. El foi o profesor máis xoven
na Universidade de Indiana, e actualmente ten o posto de profesor en Lugano, Suiza e tamén ensina
regularmente na Escola Superior de Musica Reina Sofia en Madrid e na ESMUC, Barcelona.
Recentemente publicou, no Canadian xxi-21 Label, un album dedicado á música de cámara de
Jean Francaix, incluíndo unha primeira gravación da versión orixinal da Rhapsodie para viola e piano.
Gotlibovich compuso para a música para a película muda ¨The Cabinet of Dr. Caligari¨, que foi
presentada en Europa e Israel en festivais de cine e música clásica.