Andrs_Cea_GalnO sevillano Andrés Cea, un dos organistas españois máis internacionais, presenta dous programas de concerto que serán interpretados, respectivamente, no xa habitual espazo da ex-colexiata de Iria Flavia, en Padrón, e no menos coñecido órgano da igrexa de Santa María do Campo de Ribadeo.
Os dous programas renden homenaxe a un dos máis importantes músicos de todos os tempos, Antonio de Cabezón, cando se cumpren os 500 anos do seu nacemento. Porén, Andres Cea adapta cada programa ás singularidades do órgano en que vai ser interpretado e alterna as obras de Cabezón coas doutros organistas españois herdeiros da súa tradición, como Bruna e Correa de Araúxo, en Iria Flavia, ou enfrontando a obra de Cabezón coa de Bach, a través dun itinerario imaxinario que pretende unir aos dous mestres ao tempo que pasa tamén por autores como Sweelinck, Buxtehude ou Scheidemann, en Ribadeo. Unha oportunidade única para achegarse ao noso patrimonio organístico e á música de grandes organistas, da man dun dos mellores intérpretes de órgano contemporáneos.
Sábado 16 de outubro /// Igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo
>> 20.30 horas