Curso_BeadeConcerto a cargo de dous dos mestres do Curso, Pablo Coello e Santiago Comesaña.
Este xoves vai ter lugar no auditorio do C.R.C.S de Beade un concerto a cargo de dous dos profesores que impartiron o II Curso de verán da Banda-Escola de Música de Beade. O saxofonista Pablo Coello, e o clarinetista Santiago Comesaña.

Pablo Coello:
Medalla de Oro en Saxofón e Cuarteto de Saxofóns, Medalla Bermeille en Música

de Cámara Contemporánea polo CNR de Burdeos (Francia) con Marie Bernadette
Charrier e Jean Marie Londeix
É membro de Ensemble Fonos21, de S@X21-Cuarteto de Saxofóns, do conxunto
internacional Ensemble Atmosphère, e actúa co artista sonoro portugués Paulo
Raposo e o compositor e artista dixital Pedro Rebelo, realizando concertos en
Francia, España, Italia e Portugal, participando ademais en diversos congresos
e festivais, e organizando diferentes actividades, sempre apostando polas novas
creacións de compositores galegos (Fernando Buide, Ángel Faraldo, Jesús
González, Xabier Mariño, Antón Pulido, Eduardo Soutullo e Ramón Souto), españois
e internacionais (Gabriel Erkoreka, David del Puerto, Eckart Beinke, José Luís
Campana, Christophe Havel, Kevin Mayo, Pedro Moreira, Luca Mosca, Helmut
Oehring e Pedro Rebelo).
Ten colaborado coa Real Filharmonía de Galicia, Ensemble Nuevo Contemporáneo,
Sigma Project e Drumming PG de Oporto, e asiduamente en performances co
artista Gonzalo Pérez del Castillo. Coa Ensemble Atmosphère publicou un CD con
obras de Xenakis, Nodaïra, Rossé e Hoffman.
Na actualidade é profesor no CSM de A Coruña.
Santiago Comesaña:
Santiago Comesaña nace en Vigo no ano 1980. Comenza os seus estudos musicais
na Banda de Música de Matamá, trasladándose posteriormente ó Conservatorio
de Música de Vigo, onde finaliza o grao medio e superior cos mestres Francisco
Pérez e Roberto Noche.
Asistíu a diferentes cursos de perfeccionamento cos mestres Joan Enric Lluna,
Michael Harris, David Campbell, Carles Riera, Lorenzo Coppola, Gili Rinot, Jose
Luís Estellés, Josep Sancho, Carlos Gálvez, Walter Boeykens e Vicente Alberola
entre outros.
Foi finalista nos concursos “Ciudad de Xátiva” e “Juventudes musicales de España”
e obtivo o Segundo premio no Concurso da Federación de Bandas de Música de
Vigo, así como a Primeira mención de honra no II Concurso de Interpretación
Musical de Caixanova.
Foi membro da escola de práctica orquestral da O. S. G., onde traballou música
de cámara con Vicente Alberola e práctica orquestral co mestre James Ross e
Michael Gilbert, violinista da Orquestra Filarmónica de Nova York.
Na actualidade é membro da Banda de música Municipal de Ourense e imparte
clases de clarinete no Conservatorio Profesional de música de Ourense.
I PARTE
PABLO COELLO

-IN FREUNDSCHAFT- K. STOCKHAUSEN
-BEAT ME- B. COCKROFT

II PARTE
SANTIAGO COMESAÑA

-SONATA (CLARINETE Y BAJO CONTINUO)- GREORIO SCIROLI
-ESTUDIO MELÓDICO- A. YUSTE
-SONATINA- B. MARTINU
-SOLO DE CONCURSO- A. MESSAGER

ALEJO AMOEDO
PIANISTA ACOMPAÑANTE (PROFESOR DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO)

Data:
Xoves, 15 de Xullo de 2010
Hora:
21:00 – 22:00
Lugar:
No auditorio do C.R.C.S de Beade
Rúa:
COUTADA Nº42
Cidade/Vila:
Vigo, Spain