
Resulta tan suxestivo preguntarse que escoitaban os pintores do Renacemento e que pintores lles gustaban aos seus músicos, como diversas poden ser as respostas. O programa pretende establecer unha, na medida do posible, congruente relación biográfica entre diferentes artistas, polo que a música que se escoitará procede do contorno inmediato dos pintores retratados neste ciclo. En concreto, a vida de Lucas Cranach amosa de maneira especial o mundo do Renacemento alemán. Augsburg e Wittenberg (o sur católico fronte á Alemaña central reformada), representan dous mundos opostos no relixioso e no cultural. Lucas Cranach habitou as dúas cidades, o que lle permitiría asumir ambas as culturas e plasmalas na súa obra. Desta maneira o programa explora no mundo de Cranach para reflectir asemade as dúas veciñas, ao tempo que diferentes, culturas. Cancións alemás, extractos de misas, motetes de Ludwig Senfl, Thomas Stoltzer, Ludwig Daser e Johann Walther e obras dos grandes cancioneiros dos humanistas, coleccionistas de música, Arndt von Aich, Nicolaus Apel e o magister Leopold, compoñen este magnífico programa.
…xoves 21 de outubro /// Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela >> 20.30 horas