Concerto do Trompista Pablo Lago e o Pianista Alejo Amoedo, no cal interpretaran o programa que van a tocar no Concurso Internacional ARD de Munich.
O trompista vigués Pablo Lago vai participar en menos de un mes no prestixioso concurso ARD Music Competition, no cal participan mais de 425 músicos, de 51 paises e de 4 continentes. Este concerto está organizado pola Escola de Música de Mos.
Pablo Lago Soto
Vigo, España, 1986. Iniciou os seus estudos musicais aos nove anos na Escola da banda de música de Candeán (Vigo), co profesor Óscar Dávila e posteriormente con Francisco Javier Pérez Piñeiro. Máis tarde ingresou no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Asistiu a diferentes cursos con V. Llopis, S. Navarro, H. Baumann e E. Terwilliger, entre outros. Durante o curso 2004-2005 foi alumno da Escola de altos estudos musicais de Galicia.
Dende o curso 2005-2006 é alumno da Escola Superior de Música Raíña Sofía na Cátedra de Trompa Fundación La Caixa do profesor Radovan Vlatkovi, titular da devandita cátedra.
Como alumno desta Escola é membro da Orquestra de Cámara SONY e a Orquestra Sinfónica Freixenet, dirixidas polos mestres Péter Csaba, Max Valdés, Antoni Ros Marbà, Hansjörg Schellenberger e Stefan Lano.
Participou en Leccións Maxistrais con Michel Garcin-Marrou, Hugh Seenan e Dale Clevenger e, en 2006 e 2007, asistiu ao Encontro de Música e Academia de Santander.
Foi galardoado como Alumno máis distinguido da cátedra de trompa durante o curso 2007-2008, recibindo o premio de mans de S M a Raíña. Dende o curso 2008-2009 é alumno do Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid no Departamento de ventos co profesor Hansjörg Schellenberger. Goza de bolsa de matrícula da Consellaría de Educación da Comunidade de Madrid e da Fundación Albéniz.
Obtivo Mención Especial do xurado no Concurso permanente de novos intérpretes, organizado por Xuventudes Musicais e terceiro premio no “Concurso de novos solistas 2001”, en Aix lles Bains, Francia. En setembro de 2006 obtivo o Primeiro Premio no XI Concurso Internacional de Intérpretes de Trompa Francesa en Brno. En decembro dese mesmo ano obtivo o Segundo Premio de Vento Metal no III Concurso de Mozos Intérpretes de Vigo. En xaneiro de 2007 foi galardoado co Primeiro Premio de Vento Metal do XI Concurso Nacional de Novos Intérpretes Ciutat de Xátiva. Obtén o “Terceiro Premio” no Concurso Internacional de trompa Sannicandro dei Bari en Italia, en setembro de 2008.
É membro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e realizou xiras de concertos en Galicia, Castela e León, Andalucía e as Illas Baleares, organizadas por Xuventudes Musicais. É ademais membro activo da Nova Orquestra Gustav Mahler e máis recentemente da JONDE. En 2002 tocou como solista coa Orquestra de Cámara de Savoie, Francia; en 2003 participou coa European Youth Wind Orchestra de Luxemburgo. Recentemente foi invitado polo Mestre Philippe Bender como solista coa Orquestra Sinfónica das Illas Baleares e a Orquestra Rexional de Cannes, Francia.
Alejo Amoedo
Nace en Redondela (Galicia) no seo dunha familia de tradición musical, sería o seu pai quen o achegue á música e tutele o comezo dos seus estudos. Realizou os primeiros cursos de piano por ensino libre, examinandose nos conservatorios de Pontevedra e Santiago de Compostela e máis tarde oficialmente no conservatorio superior de música de Vigo, onde finaliza con altas cualificacións as carreiras de piano, solfexo, repentización, transposición, acompañamento e música de cámara.
Foi durante 6 anos (1987/93), profesor titular no conservatorio de música de Porriño, creando a base do seu actual sistema pedagóxico, cuxo recoñecemento público serviu para que a asociación de pais adoptase o seu nome e homenejeando a súa despedida; tamén foi planificador e impartidor musical no colexio H. Quiroga da mesma localidade; foi pianista acompañante no conservatorio profesional de Pontevedra (1993/96), conservatorio este último no que ocupou o cargo directivo de secretario académico durante o curso 1995/96; No conservatorio superior de música de Vigo (1996/03) e tamén fué pianista acompañante no conservatorio profesional de Vigo, conservatorio no que exerceu o cargo de vicedirector e xefe de departamento (2003/04).
Exerce actualmente como pianista acompañante no cmus superior de Vigo.
Baixo a dirección e supervisión de Miguel Zanetti (catedrático da escola superior de canto de Madrid) especialízase no acompañamento vocal.
Foi subvencionado pola Xunta de Galicia como pianista no “1º programa de práctica orquestral”, convocada polo I.G.A.E.M. (instituto galego dás artes escénicas e musicaes).
Como dúo de pianos xunto ao pianista Carlos Pérez obtiveron os seguintes galardóns: primeira medalla finalistas no C.M.F.(concours musical de France) na disciplina de piano a catro mans celebrada en Xirona e posteriormente o segundo premio na final de Paris na edición 1995/96; diploma de honra no T.I.M. (torneo internacionale dei musica) VI edición ano 1996/97 na cidade de Zaragoza.
O Circulo Recreativo Cultural de Porriño concedeulle o “premio círculo 2004” na modalidade de música polo seu amplo curriculum no ensino musical, campo no que durante a súa etapa de profesor na filial Porriñesa do conservatorio de Vigo, deixo un grato recordo nos que foron os seus alumnos.
Entre os seus mestres contou con nomes moi importantes para el: Amador Pérez Zabaleta, J.Luis Pastoriza, Jesús Yepes, Daniel Arenas, Josefa Estarque e un longo etc..
Realizou numerosos cursos de piano con Peter Bhitell; pedagoxía musical con José Luis Temes, Jos Wuitack, Fernando Palacios, Pedro Esteban, Polo Vallejo, Arpad Bodó; improvisación con Emilio Molina, Arthur Bernstein e especialmente cursos para pianistas acompañantes e cantantes con Miguel Zanetti, Kemal Khan, Joan Pons, Marimi del Pozo…
Na súa ampla carreira pianística realizou numerosos recitais como solista, formando dúos, acompañando a diversos instrumentistas, grupos de cámara, corais, solistas, vocais, cursos, correpeticiones… obtendo favorables críticas dos foros profesionais e medios de comunicación. Organizou e participado en variados tipos de manifestacións culturais especialmente musicais, tales como: concertos benéficos, estreas, recitais, festivais, ciclos, etc…
Concerto de Trompa e piano. Pablo lago (trompa) e Alejo Amoedo (piano)
Data: mércores día 4 de agosto de 2010
Hora: 20:00 H.
Lugar:auditorio da Escola de Música de Mos.