Real_Filharmona_de_GaliciaComo conclusión dos actos conmemorativos do XX Aniversario de
Proxecto Home Galicia, a Real Filharmonía e Milladoiro actuarán xuntos
no Auditorio de Galicia para recadar fondos.

O próximo 16 de decembro o Auditorio de Galicia será escenario da gala conclusiva do
XX Aniversario de Proxecto Home Galicia. Trátase dun concerto solidario que permitirá
recadar fondos para os diferentes programas de rehabilitación e reinserción social de persoas
drogodependentes. O prezo das entradas é de 12 euros, e xa poden ser adquiridas no
propio Auditorio de Galicia ou no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), Discos
Gong (Praza de Galicia) e nos diferentes centros de Proxecto Home en Galicia.

O concerto estará conformado por pezas interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia,
na primeira parte, e por Milladoiro, na segunda parte. O concerto rematará coa actuacion
conxunta de ambas formacións. Maximino Zumalave será o director da orquestra santiaguesa.
Como solista actuará Carlos Méndez, contrabaixo principal da Filharmonía, quen tocará no
Divertimento concertante para contrabaixo e orquestra composto polo italiano Nino Rota en
1968.

PROGRAMA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA / MILLADOIRO
MAXIMINO ZUMALAVE, director
CARLOS MÉNDEZ, contrabajo

G. ROSSINI, Obertura de “A Italiana en Arxel”
N. ROTTA, Divertimento concertante para contrabaixo e orquestra

MILLADOIRO, Alalá das Mariñas / Vals de Libunca / Carballesas / Alborada de Corcubión /
Campaneiros do Condado / Tecendo liño / Maruxa / Cantos de Pandeiro
Jotas / Galope de Guistola

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA / MILLADOIRO
No primeiro milladoiro, da suite “Iacobus Magnus”
Aires de Pontevedra, da suite “Travesías”