banda_santiago_cartelBanda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes.
A programación que presenta a Banda Municipal de Santiago pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega. Recupéranse moitos pasodobres tradicionais e obras esquecidas no arquivo, así como pezas de novos compositores galegos, moitos deles da propia Banda Municipal,
que co seu traballo colaboran ao enriquecemento cultural e musical. A zarzuela, xénero musical que por tradición agrada ao público de Compostela, as aberturas de sempre, obras recuperadas do arquivo e novas músicas…, están presentes neste programa pensado para os meses de verán.

 

PROGRAMA
Amparito Riveira (pd) de S. Couceiro
Semiramis (abertura) de G. Rossini
Rúa do Vilar Os gaviláns (selección) de J. Guerrero
19:30 h Suite alicantina de R. Dorado
Saraldara (balada e muiñeira) de J. J. Ces

Xoves 08 de Xullo, as 19:30h na Rúa do Vilar