Meaño celebrou hoxe o seu XIX Festival de Bandas cun cheo completo axudado polo bo tempo.
Tres bandas tiveron cita hoxe na vila meañesa, Agolada, Lalín e a anfitrioa, estreando praza e escenario, ambos reformados fai uns meses coa construción dun palco novo dotado dunhas dimensións máis axeitadas para a celebración dun evento como o de hoxe. No novo palco perfectamente se daría cabida a unha gran orquestra sinfónica co seu respectivo coro. As propiedades acústicas do escenario son moi axeitadas, deixándose moi claras nun instante que a megafonía fallou e dende o fondo da praza se seguiu escoitando perfectamente a interpretación dos magníficos compoñentes da Agolada.
O festival comezou ca actuación da Banda de Música Municipal de Agolada, dirixida por Nilo Jesús Garcia Armas, a cal interpretou Dunia Piris, un pasodobre de Rafael Talens como inicio da sua intervención. De segunda, Agolada fixo soar a “Marcha Eslava” de P.I. Tchaikovsky, que foi moi ben recibida polo público meañés. Para rematar o programa que traian, fixeron unha magnifica interpretación de “Pilatus, Mountain of Dragons” de Steven Reineke e agasallaron ó publico con “Tico Tico” de bis.
A Banda de Lalín fixo entrada co pasodobre “Maestro Lino” de Ferrer Ferran, seguido dunha magnifica interpretación de “Danse Bacchanale” de Saint Saëns. De intermedio das cinco obras interpretadas polos músicos Lalinenses sonou “Far and Away” de John Williams. Seguindo o concerto viu a obra máis aplaudida para Lalín, “La leyenda del Beso” de Soutullo y Vert, unha Zarzuela que convenceu ó publico máis tradicional. Para rematar, a Banda de Lalín interpretou “La Rodana” de Ferrer Ferran. Nesta ocasión a Banda de Lalín foi dirixida por José Luís Taboada Areán,.
Como última banda do festival, a anfitrioa, a Banda “Unión Musical de Meaño”, dirixida polo mestre David Fiuza Souto comezou a sua actuación co pasodobre “La calle Mayor” de Luís Serrano Alarcón. Seguidamente interpretaron unha recente obra de Johan de Meij, a “Dutch Masters Suite”, obra que pola sua interpretación e posta en escena, con un terceiro tempo moi fora do común, abraiou o publico cos músicos cantando en modo “festeiro” varios deles tocando pola praza en diante… iso si, tal cal o dita o compositor nas partituras. A continuación desta obra, os músicos meañeses interpretaron Fandango de Joseph Turin, tendo como solistas ó trompetista José Forte e ó trombonista Daniel Portas, ambos músicos da formación meañesa. Para rematar, os meañeses deleitaronnos con Danzón nº2 de Arturo Marquez.
Logo duns discursos o Festival rematou coa interpretación do Himno Galego.