CampusMusicalFGBMPA Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza a segunda edición do seu Campus Musical

Este verán, e despois de unha pausa de case dous anos dende a primeira edición, volve o campus musical da Federación Galega de Bandas na súa segunda edición, apostando por ser o evento musical do verán.
O Campus terá lugar en Santiago de Compostela entre o 30 de agosto e o 5 de setembro e xuntará a dezasete profesores das especialidades de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, percusión, trompa, piano, composición e dirección.

As actividades constarán de clases individuais, grupos de cámara, acompañamento de piano, concertos e a posibilidade de participar coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

O prezo do campus será de 50€ para os músicos federados en condición de activos (25€ para os oíntes) e 100€ para os músicos non federados en condición de activos (60€ oíntes). A organización facilitará tamén aos inscritos opcións de aloxamento e comida.

O prazo para a matrícula remata o 16 de xullo.

Máis información nesta zona da web da FGBMP.

E aqui tendes o formulario de inscripción á vosa disposición.
{source}
{edocs}images/arquivos/PDF/formulario.pdf,650,600{/edocs}
{/source}