berrogetto

Berrogüetto presenta nos vindeiros días o seu novo traballo “Kosmogonías” con varios concertos polo país.

 

O grupo folk presentará “Kosmogonías” os vindeiros días 14, 15, 17 ,18, 25 e 27 de Abril en diferentes lugares con varios concertos e unha sinatura de discos.

Sobre este novo traballo de Berrogüetto mencionan na sua propia paxina:

“Berrogüetto aproxímase á ciencia para achegarnos o seu universo e súa filosofía. Convídannos a parar e mirar cara arriba.

Kosmogonías, lévanos ao momento de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria, ao berro inicial do universo que coa súa radiación chega ata nós. Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. Berrogüetto párase e destaca todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar a súa contorna.

Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o estilo tan persoal e definido por Berrogüetto desde os seus comezos. Innovadores desde o primeiro traballo, este quinto disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma do grupo a través da súa especial concepción musical.”

 

O programa de actuacións, nas seguintes liñas.

14 de Abril

Sinatura de Discos en Vigo

El Corte Inglés. 19:30hs (Gran Vía, 25 Vigo)

 

15 de Abril

Concerto de Presentación do novo disco Kosmogonías en Vigo.

Teatro García Barbón. 21:00hs (Rúa Policarpo Sanz, 13. Tlf 986 447 369)

 

17 de Abril

Concerto Queremos Galego en Pontevedra

Feira de Mostras. 19:30hs

Comprometidos coa lingua e cultura galegas, Berrogüetto participa no concerto organizado pola Asociación Queremos Galego.

 

18 de Abril

Concerto de Presentación do novo disco Kosmogonías en A Coruña.

Teatro Rosalía de Castro. 20:00hs (Rúa Rego de Auga, 37. Tlf 981 184 349)

 

25 de Abril

Concerto de Presentación do novo disco Kosmogonías en Madrid

Sala Caracol. 21:00hs (r/Bernardino Obregón, 18. Tlf 915 273 594)

 

28 de Abril

Concerto de Presentación do novo disco Kosmogonías en Zaragoza.

Teatro Principal. 21:00hs (Plaza de Sinués y Urbiola, 2. Tlf 976 296090)