Aberto o prazo de inscripción que rematará o día 4 de novembro de 2011.
O VI Certame Internacional de Bandas de Música terá lugar os días 14 e 15 de Abril de 2012 na Casa de Cultura de la Sénia.
O número de músicos que integran cada banda non determinará a sección na que participará.
Sección Primeira: Domingo, 15 de abril de 2012 ás 17.00h.
Bandas de ata 100 músicos, incluida a colaboración dun máximo de 6 intérpretes que non pertenzan a dita banda. Dentro da plantilla o número máximo de instrumentos de corda será de 7 membros.
Sección Segunda: Sábado, 14 de abril de 2012 ás 17.00h.
Bandas de ata 100 músicos, incluida a colaboración dun máximo de 5 intérpretes que non pertenzan a dita banda. Dentro da plantilla o número máximo de instrumentos de corda será de 5 membros.
O número de bandas participantes por sección será de entre dúas e catro, a orde de actuación será elixida por sorteo.
O prazo de inscrición comezará o día 6 de setembro e rematará o día 4 de novembro de 2011 ás 12.00h.
Cada unha das bandas seleccionadas deberá interpretar as pezas na seguinte orde:
a) Un pasodobre ou marcha de desfile, de libre elección e non puntuable.
b) Un pasodobre a modo de presentación no Certame, libre e non puntuable.
c) A obra obrigada do Certame.
d) Unha obra de libre elección duns 15 minutos.
As obras obrigadas serán as seguintes:
Primerita Sección: RITES, Jean ABSIL, Editorial Hafabra.
Segunda Sección: MICROTOPÍA, Bert APPERMONT, Editorial de Haske.
Os premios ás bandas participantes en cada sección otorgaranse a partir do seguinte baremo de puntuacións:
*entre 281 e 330 puntos, 1º premio e diploma acreditativo.
*entre 230 e 280 puntos, 2º premio e diploma acreditativo.
A banda que obteña a mayor puntuación dentro do baremo establecido para o primer premio de cada sección será a gañadora do “Premio Especial” do Certame e recibirá os seguintes premios:
Sección Primeira: 7.000 € e trofeo.
Sección Segunda: 5.000 € e trofeo.
*En caso de empate as bandas compartirán o premio económico a partes iguais.
As bandas participantes recibirán por parte da Organización do Certame en concepto de asistencia unha cuantía que varía entre os 2.000 e os 4.500 € dependendo da distancia.
Para máis información consultar as BASES.
La Sènia (Tarragona)- 14 e 15 de Abril de 2012.
LOCALIZACIÓN:
{source}
<iframe width=”425″ height=”350″ frameborder=”0″ scrolling=”no” marginheight=”0″ marginwidth=”0″ src=”http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=es&geocode=&q=La+s%C3%A9nia,+tarragona&aq=&sll=40.78886,0.101624&sspn=1.110447,2.469177&vpsrc=6&ie=UTF8&hq=&hnear=La+S%C3%A9nia,+Tarragona,+Catalu%C3%B1a&t=h&ll=40.639879,0.287104&spn=0.022795,0.036478&z=14&iwloc=A&output=embed”></iframe><br /><small><a href=”http://maps.google.es/maps?f=q&source=embed&hl=es&geocode=&q=La+s%C3%A9nia,+tarragona&aq=&sll=40.78886,0.101624&sspn=1.110447,2.469177&vpsrc=6&ie=UTF8&hq=&hnear=La+S%C3%A9nia,+Tarragona,+Catalu%C3%B1a&t=h&ll=40.639879,0.287104&spn=0.022795,0.036478&z=14&iwloc=A” style=”color:#0000FF;text-align:left”>Ver mapa más grande</a></small>
{/source}