1.Obxecto e aceptación

Seis por Oito pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumplimento as obligacions dispostas na “Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico (LSSI-CE)” e tamén informar das Condicións Xerais que regulan o uso e acceso aos contidos e servizos que Seis por Oito, con enderezo en Lg/Coirón Nº38, CP.36967 na localidade de Dena, e dirección de correo electrónico [email protected] , pon a disposición dos usuarios, a través do seu portal en internet seisporoito.com

A navegación polo sitio web seisporoito.com atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O usuario obrigase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, o orden público, os usos do tráfico e o presente aviso legal. O usuario responderá fronte a Seis por Oito ou fronte a terceiros, de calesquera danos e perxuros que poderán causarse como consecuencia do incumprimento de dita obrigación.

2.Condicións de acceso e utilización

O acceso ao sitio web seisporoito.com e aos seus servizos é de carácter gratuíto e non conleva a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do usuario, esta tan só será necesaria para acceder aos contidos e servizos exclusivos que o sitio web seisporoito.com pon a disposición dos usuarios rexistrados. Así mesmo, as presentes condicións reitéranse cando un usuario se rexistra no sitio web a través do formulario que existe ao efecto para a súa aceptación expresa, mediante un clic de “Leo e acepto as condicións de uso e privacidade do sitio web”. Non é tecnicamente posible que o usuario poida finalizar o rexistro como usuario en Seisporoito.com sen que se leve a cabo a aceptación das presentes Condicións Xerais.

Seis por Oito resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu sitio web, da configuración e presentación desta e do aviso legal.

O Usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a Seis por Oito e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O Usuario comprométese expresamente a facer un uso adecuado dos contidos e servizos de seisporoito.com e a non empregalos para:

  1. Difundir contidos, delictivos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou á orde pública.
  2. Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, estropear, interromper ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos de Seis por Oito ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso doutros Usuarios ao sitio web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales Seis por Oito presta os seus servizos.
  3. Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutros usuarios ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos de Seis por Oito ou de terceiros e, no seu caso, extraer información.
  4. Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información de Seis por Oito ou de terceiros.
  5. Suplantar a identidade doutro Usuario, das administracións públicas ou dun terceiro.
  6. Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.
  7. Recabar datos con finalidade publicitaria e de remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial sen que medie a súa previa solicitude ou consentimento.
  8. Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a Seis por Oito, (se non se indica o contrario) sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.

En definitiva, os usuarios que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen a servidores conectados a redes, nin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.
Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade de Seis por Oito, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa ao Usuario dereito algún sobre os mesmos.
A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non sexa expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación quedan prohibidos.
O establecemento dun hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre Seis por Oito e o propietario do sitio web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte de Seis por Oito dos seus contidos ou servizos. Aquelas persoas que se propoñan establecer un hiperligazón previamente deberán solicitar autorización por escrito á Seis por Oito. En todo caso, a hiperligazón unicamente permitirá o acceso á home-page ou páxina de inicio do noso sitio web, así mesmo deberá absterse de realizar manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre Seis por Oito ou incluír contidos ilícitos, contrarios aos bos costumes e á orde pública.

3.Exclusión de garantías e de responsabilidade

Seis por Oito non será responsable dos erros, atraso no acceso, atraso no sistema ou calquera anomalía que poida xurdir en relación con problemas de carácter xeral na rede internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e polo tanto axea a boa fe. Seis por Oito comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo tódolos medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solventar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Así mesmo Seis por Oito non se fará responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garante que o sitio web este en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables a Seis por Oito ou que esta non poida resolver cos medios que estean ó seu alcance, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e polo tanto a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que este prohibida pola lei. Seis por oito, facultada por medio do presente aviso legal, a partir do momento no que teña coñecemento evidente da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e restrinxirlle o acceso ao usuario aos contidos restrinxidos do sitio web. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados directamente polo usuario ante xulgados ou outros organismos, asumindo este tódolos gastos, custos e indemnizacións que, no seu caso, poida asumir a Seis por Oito se a reclamación é dirixida contra esta. Así mesmo, Seis por Oito colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento evidente de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita, especialmente no ámbito de contidos introducidos polo usuario que poidan vulnerar dereitos ou intereses lexítimos de Seis por Oito  ou de terceiros.

O usuario será responsable da seguridade e confidencialidade das claves coas que accede a súa área privada que lle son outorgadas ao rexistrarse como usuario debendo gardalas en lugar seguro co fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados.

O acceso a este sitio web e o uso que poida facerse da información contida no mesmo é da única e exclusiva responsabilidade do usuario. Seis por Oito  non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puideran derivarse de dito acceso ou uso da información. Seis por Oito non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar ao sistema informático do usuario (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presencia de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

O usuario responsabilizarase de realizar todas as actuacións que lle sexan requiridas coa dilixencia debida. Con carácter especial, o usuario debe ser dilixente no que se refire á actualización e veracidade dos seus datos persoais, fundamentalmente do correo electrónico sinalado no formulario de rexistro de usuario como vía principal de contacto con Seis por Oito.

Seis por Oito non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter feramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

4.Política de privacidade

Os datos recabados a través do formulario de rexistro no sitio web serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do cal é responsable Seis por Oito . Esta entidade tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de ofrecer os servizos solicitados, con todas as garantías legais e de seguridade que impón a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico.

Seis por Oito recolle determinados datos persoais que son introducidos polo usuario libremente  no formulario coa finalidade de poder acceder os servizos personalizados que a Seis por Oito pon a disposición do usuario, así como contestar e identificar as peticións realizadas por este. Os campos nos que figure un asterisco(*) son aqueles que requiren unha resposta obrigatoria. De non ser cubertos a consecuencia consiste na imposibilidade de prestar o servizo que se pretende contratar ou a imposibilidade de enviar a solicitude de información. Seis por Oito informa que xestionará automaticamente estes datos para a administración, ampliación e mellora dos seus servizos. En todo caso, os datos recollidos e tratados son unicamente os básicos para as finalidades sinaladas anteriormente.

Seis por Oito comprométese a non ceder, vender, nin compartir os datos con terceiros sen a súa aprobación expresa. Así mesmo, Seis por Oito cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O Usuario poderá revocar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose para ese efecto á dirección social do medio, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

Seis por Oito adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo Real Decreto 994/1999 de 6 de xuño. No entanto, Seis por Oito non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poden causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.
Seis por Oito poderá utilizar cookies durante a prestación de servizos do sitio web. As cookies son ficheiros físicos de información persoal aloxados no propio terminal do usuario. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación de arquivos cookie ou se advirta da mesma.

Se opta a abandonar o noso sitio web a través de enlaces a sitios web non pertencentes á nosa entidade, Seis por Oito non se fará responsable das políticas de privacidade de devanditos sitios web nin das cookies que estes poidan almacenar no ordenador do usuario.

A nosa política con respecto ao correo electrónico céntrase en remitir unicamente comunicacións que vostede solicite recibir. Se prefire non recibir estas mensaxes por correo electrónico ofrecerémoslle a través dos mesmos a posibilidade de exercer o seu dereito de cancelación e renuncia á recepción destas mensaxes, en conformidade co disposto no TITULO III, Art. 22 da Lei 34/2002 de Servizos para a Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).

5.Procedemento en caso de realización de actividades de carácter ilícito

No caso de que calquera Usuario ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificación a Seis por Oito identificándose debidamente, especificando as supostas infraccións e declarando expresamente e baixo a súa responsabilidade que a información proporcionada na notificación é exacta.

6.Publicacións

A información administrativa facilitada a través do sitio web non substitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente aos diarios oficiais das administracións públicas, que constitúen o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.

7.Comunicacións

Os usuarios e Seis por Oito acordan comunicarse e notificarse tódalas incidencias que se produzan no servizo, preferentemente e previa a calquera outra vía de comunicación, mediante correo electrónico. O correo de Seis por Oito para estas comunicacións será [email protected] e o do usuario será o facilitado no formulario de rexistro. O usuario comprometese a ter operativo este correo electrónico e a modificalo dende a súa área privada se fose necesario para continuar recibindo as comunicacións. En todo caso, se sucedese calquera problema urxente ou fallo na anterior comunicación, as comunicacións realizaranse mediante teléfono, fax, correo postal ou calquera outro medio adecuado ao fin que se persiga. Sen embargo, a vía de comunicación preferente é a do correo electrónico, quedando exenta Seis por Oito de todo tipo de responsabilidade que se poida derivar pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realizan.

8.Dereitos de propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual do sitio web seisporoito.com, estrutura de navegación, ordenación e presentación, bases de datos, texto, gráficos, logotipos, imaxes, e os distintos elementos nel contidos son titularidade da Seis por Oito, salvo que se indeque o contrario, a quen lle corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

Os dereitos de propiedade intelectual do template usado en SeisporOito.com son propiedade de Joomlart.com

O codigo fonte no que esta contruido Seisporoito.com é o CMS libre da Comunidade Joomla.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos aportados por terceiros é da exclusiva responsabilidade dos mesmos.

Respecto ás citas de produtos e servizos de terceiros que, no seu caso poidan aparecer, Seis por Oito recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

A utilización non autorizada da información contida no sitio web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial que poidan corresponder a Seis por Oito dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

O contido da web, excluíndo deseño, codigo fonte, estructura de navegación, presentación e bases de datos, compartense mediante licenza Creative Commons – Sen Obras Derivadas.

9.Recomendacións de acceso

Procurase que a presentación de todos os contidos e funcións esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, Safari, etc.
En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 1024 x 768 pixels e superiores.

10.Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Especificamente están suxeitas ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal; a Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista,e a Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico.

Todas aquelas cuestións que puideran suscitarse con motivo da interpretación, execución ou eventual incumprimento das presentes Condicións Xerais, os usuarios e Seis por Oito e intervintes, con renuncia expresa ó seu foro propio, e con independencia do lugar onde se suscite calquera disputa entre os mesmos, sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.

11.Varios

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e se interpretaran tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións.
{jcomments off}