BSFGBMP_10A Federación Galega de Bandas de Música Populares convoca un prazo de admisión de solicitudes de novos músicos e directores que estean interesados en formar parte da Banda Sinfónica da FGBMP.

Este prazo permanecerá aberto dende o 11 ata o 27 de xuño. É requisito imprescindible que tanto os músicos como os directores estean dados de alta na FGBMP cunha antigüidade de 90 días no momento de inicio desta convocatoria.

 

A selección do Director/a da Banda Sinfónica está rexida polas seguintes bases. Para participar neste proceso é preciso presentar a seguinte dcumentación:

O proceso de selección levarase a cabo mediante unha entrevista que versará sobre o currículo persoal e a defensa do proxecto presentado.

A selección de novos Músicos para a BSFGBMP realizarase conforme o disposto nas súas bases. Será preciso remitir á Federación debidamente cuberta a seguinte ficha de solicitude. O sistema de selección será unha proba práctica ante a Comisión de Avaliación, na que se interpretarán unha obra de libre escolla e dous solos do repertorio de banda de música para cada instrumento.

Na actualidade existe unha lista de compoñentes da Banda Sinfónica, constituída polos músicos que actuaron na mesma en 2009 e manifestaron a súa vontade de seguir formando parte da mesma en 2010. Podes consultar o listado actual premendo aquí.