ExcursinLugoVarios alumnos de Vento Metal do Conservatorio Superior de Música de A Coruña visitaron hoxe Lugo.

Nesta visita, estiveron nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, no que se alberga un interesante museo de instrumentos antigos ademais do Taller de Instrumentos Musicais da Deputación Provincial de Lugo.

Os alumnos pasaron a mañá neste museo guiados polo seu profesor Abraham Cupeiro, o que convína a súa actividade docente no conservatorio coruñés co estudo da historia dos instrumentos antigos e a restauración e creación de instrumentos antigos.

Puideron ver neste museo dende gaitas de varias partes do mundo, zanfonas, a colección de replicas dos instrumentos do pórtico da gloria, ate invencións do S.XIX como son o Bugle, Ophicleido (coñecido en España como Figle), trompas de pistóns, etc. Os instrumentos eran algúns propiedade do museo e outros propiedade de Abraham Cupeiro, o cal presentará a sua colección de instrumentos moi proximamente.

Logo do museo, pola tarde visitaron o taller de restauración de Abraham Cupeiro no que puideron ver como se fabrica unha boquilla e unhas rápidas nocións de como se fabrica unha campa de trompeta.

Unha visita que da a coñecer ós futuros músicos o pasado e os porqués dos instrumentos que hoxe tocan.