
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, poderase escoitar durante o día 17 de Maio, no menú dereito da web www.avozdevilalba.com as dúas pezas que este diario ven de rescatar.
Os dous temas da maqueta (Fonte: A Voz de Vilalba)
O primeiro daqueles temas de 1988, levaba por título “De xolda/Entre o millo” e tratábase dunha mistura de dúas cancións. A primeira firmada por Ferreirós e a outra por Anxo Pintos, que naquel entón tocaba en Xarabal e posteriormente foi membro de Berrogüeto. O outro tema incluído na maqueta era “Sicodélica”, peza baseada nun fragmento tradicional con arranxos do grupo.