logo_UniverAutonomMadridA Universidade Autónoma de Madrid organiza un Máster en Educación Musical que se desenvolvera durante o curso académico 2010-2011.

Este Máster pretende afondar na formación de profesionais do ámbito da Educación Musical para as ensinanzas de réxime xeral e as de réxime especial, integradas nos novos retos sociais de proxección do Espazo Superior Europeo.

Está dirixido a diplomados, graduados, titulacións de conservatorio (medio e superior do Plan 66), estudantes co Grao Medio de Conservatorio (LOGSE) ou titulacións equivalentes así como a persoas con experiencia profesional acreditada mediante Cuccíulum.

A directora do Máster é Ángela Morales Fernández, o subdirector é Enrique Muñoz Rubio e o secretario, Miguel Román Álvarez.

Desenvolverase os luns e mércores de 17 a 21,30 h e un fin de semana ao mes. Outorgaranse un total de 60 créditos e os temas a tratar están divididos en tres módulos: Psicoloxía e pedagoxía en educación musical; Formación musical e Creación e interpretación didáctica, ademais do traballo de fin de máster.

As datas de preinscrición son do 1 ao 15 de setembro de 2010. O prezo da matrícula é de 2.200 euros (pagamento fraccionado en dous prazos de 1.320 e 880 euros).

O contido do Máster e o seguinte:

CRÉDITOS

Obrigatorias: 54
Traballo fin do título: 6
Total horas de docencia: 450
Total horas de traballo do estudante: 1050

MÓDULO I: PSICOLOXÍA E PEDAGOXÍA EN EDUCACIÓN MUSICAL. 9 ECTS

I.1. Psicoloxía do Músico e procesos psicolóxicos 3 ECTS
I.2. Políticas Educativas e Curriculum en E. M. 3 ECTS
I.3. Didáctica Xeral no Ensino da Música 3 ECTS

MÓDULO II: FORMACIÓN MUSICAL. 24 ECTS

II.1. Entrenamento vocal e auditivo 9 ECTS
II.2. Educación musical e as TIC 9 ECTS
II.3. Fundamentos de composición 6 ECTS

MÓDULO III: CREACIÓN E INTERPRETACIÓN DIDÁCTICA 21 ECTS

III.1. A voz 6 ECTS
III.2. Os instrumentos 6 ECTS
III.3. O movemento 6 ECTS
III.4. Interdisciplinaridade musical 3 ECTS

TFM.TRABALLO FIN DE MÁSTER 6 ECTS

Taxas: 2.200 euros. Pagamento fraccionado: Primeiro prazo: 1320 euros. Segundo Prazo: 880 euros.
Prazo de preinscrición: Do 1 ao 15 de setembro.
Datas de matrícula: Do 15 ao 30 de setembro.
Prazas: Mínimo: 20. Máximo: 30. 5 bolsas ofertadas.
Información e inscricións: Secretaría: Isabel Hidalgo: Tel.: 91 497 30 55 [email protected]. Centro de Estudos Posgrao e Formación Continua: [email protected]