Casa da Música - OportoDende 2009 a orquestra galega é invitada todos os anos a actuar na
principal sala de concertos da cidade lusa

 

 


Este venres 5 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia estará en Porto para actuar
na sala de concertos da Casa da Música, o principal escenario da cidade lusa e un dos
mellores de todo Portugal. A relación da Filharmonía con este centro cultural comezaba
en 2009 cando foi invitada por primeira vez a participar na súa temporada de concertos.
Dende entón a orquestra viaxa todos os anos a Portugal. Tamén a Orquestra Sinfónica
do Porto foi invitada a actuar no Auditorio de Galicia e o seu director artístico,
Christoph König é un asiduo do escenario de Santiago.

 

A Real Filharmonía ofrecerá en Porto o mesmo programa co que abriu a temporada de
abono en Santiago, é dicir, con Ros Marbà como director e acompañada da soprano
Sandrine Piau.

A Casa da Música, construída no marco do proxecto da Capitalidade Europea de Porto
en 2001, está considerada como unha das mellores obras do arquitecto holandés Rem
Koolhaas e hoxe en día é un dos iconos da cidade.

Real Filharmonía de Galicia
Antoni Ros Marbà, director
Sandrine Piau, soprano

W. A. Mozart, Serenata núm. 6 en Re maior, KV 239
W. Lutoslawski, Chantefleurs et Chantefables
L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 4 en Si bemol maior, op. 60