RFG_PamplonaOPTContinúa o ciclo de concertos da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia co terceiro
recital desta temporada.

Nesta ocasión levará a batuta o británico Paul Daniel, principal
director convidade da orquestra santiaguesa. Daniel preparou para a ocasión un
programa no que destaca o Concerto para piano de James MacMillan, que soará nas
mans de Joanna MacGregor. A pianista inglesa é unha artista versátil e innovadora,
ademais dunha especialista na obra de MacMillan. Dedicou a súa vida a conectar entre
si diversos xéneros musicais. Actuou en máis de sesenta países, a miúdo como solista,
en colaboración con moitas das principais orquestras do mundo. Tamén é directora de
orquestra e é frecuente atopala en colaboracións con músicos de jazz.

O programa da noite complétase coa Sinfonía 34 de Mozart, unha das súas
composicións máis enérxicas. Ademais, ao inico do concerto, o público poderá
descubrir a peza “Paisaxe suspendida”, composta polo xoven compositor santiagués
Fernando Buide del Real, e que foi escrita por encargo da Asociación Española de
Orquestras Sinfónicas e a Fundación Autor, a petición da Real Filharmonía de Galicia.

Toda a información do concerto pode descargarse das webs da Real Filharmonía
(www.rfgalicia.org) e do Auditorio de Galicia (www.auditoriodegalicia.org).

PROGRAMA

Real Filharmonía de Galicia
Paul Daniel, director
Joanna MacGregor, piano

F. Buide del Real, Paisaxe suspendida (obra de encargo da AEOS e a Fundación Autor)
J. MacMillan, Concerto para piano núm. 2
W. A. Mozart, Sinfonía núm. 34 en Do maior, KV 338

DÍA: Venres 29 de outubro de 2010
HORA: 21:00 horas
LUGAR: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)