principalA Orquesta Gaos e a soprano Cristina Gallardo – Domas traballarán xuntas para levar a cabo a grabación dun CD.

O director artístico do Xacobeo Classics, César Wonenburger, nunhas declaracións ós medios mentres comentaba do programa do Xacobeo Classics que este era unha «aposta moi forte e decidida pola música autoctona» , adiantou a nova dunha próxima grabación en Galicia de un álbum protagonizado pola prestixiosa soprano chilena Cristina Gallardo-Domas e a coruñesa Orquesta Gaos. «Un dos máis importantes selos discográficos españois o distribuirá logo por todo o Estado», dixo.

Pudemos averiguar cando serán estas gravacións, que se non sufren cambios serán no mes de Xuño.

 En canto á venda do CD non se sabe exactamente cando sairá publicado o traballo.

 

Esta Orquesta que aínda non cumpliu o seu primeiro ano, está desenrolando unha actividade continua durante toda a tempada que inclue varios concertos xa ofrecidos en diversas cidades galegas e vindeiros concertos como os dos proximos 19 e 20 de Abril en Ourense e A Coruña onde interpretarán a 5ª Sinfonía de Tchaikovsky, As Bodas de Figaro de L. Mozart e o Concerto para Clarinete e Orquesta de C.M. Weber.