principalA Orquesta Gaos fai hoxe, dia 1 de Abril, oficialmente un Ano dende a sua creación.

 

Despois de un ano de arduo traballo, a coruñesa Orquesta Gaos trata de consolidarse dentro do ámbito cultural galego con unha aposta forte e clara.

Esta Orquestra formada por músicos galegos, moitos deles profesionais , antigos compoñentes dalgunha orquestra, colaboradores das principais orquestras do país e outros moitos estudantes de cursos superiores da carreira musical, ven ofrecendo nos últimos meses un programa de concertos variado e moi completo.

En Xullo, nos concertos de estrea da Orquestra deleitaron xa ó publico ca 5ª de Bethoven, continuando en Outubro ca Sinfonía do Novo Mundo de Dvorak, Finlandia e O Moldava e interpretando varios temas galegos na presentación do Xacobeo. En novembro foi a Orquestra do Concurso de Piano de Ferrol acompañando a virtuosos xoves pianistas internacionais. Pouco despois interpretaron un concerto Lírico , o concerto de Nadal, o recente concerto por Haití e proximamente continuarán a senda con un programa no que interpretarán a 5ª sinfonía de Tchaikovsky e o Concerto para Clarinete de Weber interpretado por Darío Mariño.

Ademais, a Orquestra acaba de estrear unha división nova, o “Coro Gaos”. Un novo coro no que mesturar cantores con experiencia é novos talentos nunha agrupación que dará apoio nos programas que a Orquestra necesite deste e traballará por separado para ofrecer o público un programa coral co que reforzar esta oferta en Galicia.

Felicidades para a Orquestra Gaos. Dende Seis por Oito desexamos o mellor dos futuros para esta Orquestra, que é un proxecto ilusioante para a cultura galega, para os nosos músicos, para os nosos estudantes que practican nela e en definitiva, é un gran paso adiante no mundo da Música en Galicia. Esperamos que siga “in crecendo” con tódolos proxectos e poidamos disfrutar por moito tempo, da Orquestra e as novas ideas que nos acheguen.

Para rematar deixamos uns vídeos que fan un bo resumo do traballo da Orquesta Gaos durante este ano.

Principio de Cuadros de Una Exposición

{youtube}omtmeEElVpk{/youtube}

Final de Cuadros de una Exposición

{youtube}9qWZispjxpQ{/youtube}

Lela, pola Gaos e Cristina Gallardo – Domas na Presentación do Xacobeo 2010

{youtube}z6U_WS7cE8Y{/youtube}