COncertgewauCamera

A orquestra de cámara da Royal Concertgebouw, en Pontevedra e A Coruña con Novacaixagalicia

Novacaixagalicia trae a Galicia unha das formación máis prestixiosas da música culta internacional, a orquestra de cámara da Royal Concertgebouw de Ámsterdam. O xoves na Coruña (Teatro Colón, 20.30 horas) e o venres en Pontevedra (Auditorio Centro Social, 21.00 horas), a lendaria formación terá ao fronte ao director Israel Yinon e á violonchelista Tatiana Vassiljeva como solista.

 

Á Concertgebouw Kamerorkest, que se ha enfrontar a vindeira semana a un programa con obras de Boccherini, Schubert e Dott, sempre a cualificou a crítica especializada en termos superlativos, dende o seu primeiro concerto en 1987.

 

Esta formación nútrese de músicos de matriz, a Royal Concertgebouw Orchestra, unha lenda na historia da música sinfónica creada en 1888 en Amsterdam e vinculada á obra de Mahler e Bruckner.

 

A Israel Yinon, o director ao fronte da formación nesta ocasión, recoñecérono internacionalmente tamén coma un artista de vangarda, que achegou novos impulsos no repertorio concertístico e que se coñece polos seus numerosos redescubrimentos musicais de obras mestras. Yinon (Kfar Saba, Israel, 1954) dirixiu as máis prestixiosas orquestras do mundo, como a Sinfónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica da Radio de Colonia, a RSO Stuttgart ou a BBC Symphony Orchestra, entre moitas outras.

 

Gañadora do Primeiro Premio Concurso de Violonchelo Rostropovich en 2001 (a primeira rusa en gañar este prestixioso concurso), Tatjana Vassiljeva é hoxe en día unha das instrumentistas con maior proxección de Europa.

 

Destacada intérprete de música de cámara, colabora con partenaires do calibre de Yuri Bashmet, Gidon Kremer, Vladimir Spivakov, Maxim Vengerov, Baiba Skride, Jean-Frédéric Neuburger, Antoine Tamestit ou Renaud Capuçon por non nomear máis ca algúns.

 

Entradas á venda nas canles habituais de venda.

 

 

PROGRAMA

 

Concertgbouw Chamber Orchestra

Israel Yinon, director

Tatiana Vassiljeva, violonchelo

 

 

I

L. BOCCHERINI – Sinfonía en do menor, op. 41 G.519

 

Allegro assai vivo

Pastorale. Lentarello

Minuetto. Allegro

Finale. Allegro

 

H. P. DOTT – Concerto para violonchelo e orquestra “Trauergesänge

 

I Gesänge – Nachtumhüllt

(Lento rubato – Andante con moto, quasi Allegretto – Tempo Io)

attacca

II Gebrochene Lichtfluten

(quasi Presto, ben ritmico)

III Dunkelstern – lichtlos vergehend

(Adagio, molto cantabile)

 

II

F. SCHUBERT – Sinfonía nº 5 en si bemol maior, D.485

 

Allegro

Andante con moto

Menueto (Allegro molto)

Allegro vivace