DirectorJosé Bugallo Senra será o novo director da Banda e a Escola de música.

Despois de analizar as candidaturas, a agrupación do baixo miño ven de elexir o que será o seu próximo director. Este será Jose Bugallo Senra, actual director da Banda de Música de Castrelo e director do Conservatorio Elemental de Cambados. O novo director será presentado no concerto de Nadal o día 23 de Decembro.

Por outra parte, o actual director, David Perez, fará o seu último concerto coa agrupación o 24 de novembro, día no que a agrupación celebra Santa Icía e presenta oficialmente o novo lanzamento discografico da Banda.