agosto, 2018
mer08ago21:30XIII Música no ClaustroKebyart Ensemble21:30 Tipo de evento:Ensemble,Música de Cámara

Detalles do evento
Mér 08/08 - 21.30h Claustro da Catedral - Tui Paris 1918, pour le tombeau de Claude Debussy Kebyart Ensemble Entrada gratuíta
Máis
Detalles do evento
Mér 08/08 – 21.30h
Claustro da Catedral – Tui
Paris 1918, pour le tombeau de Claude Debussy
Kebyart Ensemble
Entrada gratuíta
Kebyart Ensemble é un dos cuartetos de saxofón máis prometedores da actualidade española. Creado na ESMUC no 2014, Kebyart Ensemble inspírase na riqueza tímbrica, rítmica e estilística da música tradicional de Indonesia e doutras músicas orientais.
O ciclo “El Primer Palau”, o Concurso Permanente de Xuventudes Musicais, o Concurso Internacional de Música de Cámara Higini Anglès ou o Premio de Música de Cámara Montserrat Alavedra– BBVA son algúns dos galardóns que avalan a súa enerxética traxectoria.
No centenario do falecemento de Claude Debussy, Kebyart Ensemble presenta unha escolma das súas obras para piano, ao igual que a obra de cámara de Joseph Haydn e a música húngara de Ferenc Farkas. O compromiso coa creación contemporánea chega co efecto óptico dos tres soles, ou parhelio, do compositor catalán José Río-Pareja.
// Concerto de entrada libre grazas ao fondo cultural de AIE Sociedad de Artistas
* Todos os concertos son de acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Non é preciso retirar entrada.
Apertura de portas ás 21.10 h.
DESPOIS DO CONCERTO…
Ambigú no xardín de Palacio da Catedral. Un lugar de encontro entre artistas e públicos cun albariño e un petisco elaborado con producto galego. De acceso libre para o público do concerto.
Hora
agosto 8(mércores) 21:30
Localización
Tui