agosto, 2018

xov09ago21:30XIII Música no ClaustroCiclo Novos Intérpretes21:30 Tipo de evento:Ensemble,Música Clásica,Música de Cámara

Máis

Detalles do evento

Xov 09/08  –  21.30h

Claustro da Catedral – Tui

 

Entrada gratuíta

CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES
A ilusión e a enerxía da nova xeración musical galega mantén vivo o compromiso e a memoria de D. Ricardo García (1929-2017) en Música no claustro. Estas catro propostas, seleccionadas nun proceso aberto, recibirán un conxunto de partituras da editorial Dos Acordes. Tras a actuación, o festival ofreceralle á proposta máis destacada unha bolsa de apoio ao seu desenvolvemento musical e artístico que finalizará cun concerto na seguinte edición de Música no claustro.
CARLOS PUGA
Vila de Cruces, 1993
Realiza estudos de percusión na Banda Artística de Merza e na ESMAE do Porto. Actualmente atópase en residencia no Conservatoire National Supérieur de Musique et Danse de Lyon (Artist Diploma), onde traballa co percusionista Jean Geoffroy.
K. Stockhausen (1928 – 2007)
Vibraelufa
Ben Wahlund (n.1977)
The Whimsical Nature of Small Particle Physics
Iannis Xenakis (1922 – 2001)
Rebonds A

JULIA CARO TRIGO
Santiago de Compostela, 1994
Realiza estudos de violoncello no CMUS Profesional de Santiago de Compostela, no CMUS de Aragón e na Musikene de San Sebastián. Actualmente continúa a súa formación con Asier Polo e forma parte da Xove Orquestra Gustav Mahler (GMJO).
Gaspar Cassadó (1897 – 1966)
Suite para Cello: Preludio – fantasía
Johann S. Bach (1685 – 1750)
Suite para Cello no.6: Allemande
Gaspar Cassadó
Suite para Cello: Intermezzo e Danza finale

NOELIA GONZÁLEZ
Carballedo, 1995
Realiza estudos de acordeón no CMUS Profesional de Ourense e no CMUS Superior de A Coruña co profesor Fernando Fraga. Actualmente realiza o derradeiro curso de grao superior no CMUS de Aragón (CSMA) en Zaragoza baixo as ensinanzas de Ander Telleria.
Johann S. Bach (1685 – 1750)
Preludio e Fuga en Do#M BWV 872
Sofia Gubaidulina (n.1931)
Sonata Et Exspecto

QUINTETO ENTRERÍAS
Estudantado de música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Os seus integrantes son: Óscar Rial Salgueiro, trompeta. Meaño, 1998. Desirée Gómez Bouzada, trompeta. Tomiño, 1997. Ainara González Gómez, trompa. Marín, 1998. Hugo Fernández Oliveira, trombón. Salceda de Caselas, 1996. Víctor Amorín Fernández, tuba. Budiño, O Porriño, 1995.
Èugene Bozza (1905-1991)
Sonatina (movementos 1 e 4)
Enrique Crespo (n.1941)
Suite Americana: I Ragtime. II Zamba Gaucha. III Vals Peruano
Sonny Kompanek (n.1949)
Killer Tango

* Todos os concertos son de acceso libre ata completar a capacidade do espazo. Non é preciso retirar entrada.
Apertura de portas ás 21.10 h.

DESPOIS DO CONCERTO…
Ambigú no xardín de Palacio da Catedral. Un lugar de encontro entre artistas e públicos cun albariño e un petisco elaborado con producto galego. De acceso libre para o público do concerto.

Hora

agosto 9(xoves) 21:30

Localización

Tui

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

X