novembro, 2018

This is a repeating event

xov22nov20:30Viejos HazmerreíresLes Luthiers20:30 Tipo de evento:Espectáculo

Máis

Detalles do evento

Viejos Hazmerreíres – Les Luthiers

Xov 22 / Ven 23 / Sáb 24  –  20.30h
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia – Santiago de Compostela
Entrada: dende 45€
O grupo Les Luthiers, galardoado co Premio Princesa de Asturias e en plena celebración dos seus 50 anos de carreira, estrea en Galicia o seu novo espectáculo: “Viejos Hazmerreíres”: antoloxía que inclúe algunhas das obras míticas de Les Luthiers, o mellor de espectáculos memorables como “Los Premios Mastropiero”, “Todo por que rías”, “Por Humor al Arte”, “Lutherapia”, pero esta volta renovados para formar parte dunha absurda transmisión de radio, a lembrada e desopilante “Radio Tertulia, nuestra opinión… y la tulia”.
Os espectadores poderán volver ver en directo pezas como a zarzuela “Las Majas del Bergantín”, “Quién mató a Tom Mc Coffee” ou “La cumbia epistemológica” intercalados cos ensinos do gurú Sali Baba, os delirios do home que viu aos marcianos ou as cancións do imposible grupo “ London Inspection”. Todo presentado polos habituais disparates de Ramírez e Murena, os locutores de “Radio Tertulia”, que comentan o que veña, desde a extradición dun narcotraficante, ata a fecundación asistida pasando pola terrible telenovela “Alma de Corazón”.
Máis info: aquí

Hora

novembro 22(xoves) 20:30

Localización

Santiago de Compostela

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

X