Durante os días 19, 20 e 21 de Marzo celebrarase en Ortigueira o 3º Congreso Internacional de Bandas “Vila de Ortigueira”, nesta ocasión centrarase en coñecer “As músicas do Camiño” e as suas bandas coincidindo co ano Santo Xacobeo así como a música e a xestión cultural das Bandas en Eslovenia.

O marco do Congreso dividese entre reunions de traballo de distintas Federacións de Bandas, conferencias, concurso iberoamericano de composición así como un Curso de Práctica Bandística con Daniel Leskovich (Eslovenia).

As actividades son abertas e gratuitas para todos os interesados en profundizar na música, organización e xestión de Sociedades Musicales. Contarase cun traductor de inglés para os actos que sexan necesarios.

 

Para ver o boletín de inscripción e as actividades pulsa aquí