Entre os días 4 e 6 de agosto a Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo organiza a celebración dos 30 anos da súa fundación.
O sábado 4 de agosto ás 20.30h na Casa Verde, Alejo Amoedo dará unha conferencia co tema: Reveriano Soutullo e a súa producción para Banda de Música. Ao seguinte día, no mesmo emplazamento e no mesmo horario, será a quenda de Judith Rey cunha conferencia sobre O Papel da Muller na Música.
O día 6 de Agosto celebrarase un acto institucional conmemorativo ás 20.30h na sede oficial da Escola de Música da parroquia; neste mesmo sitio, a Casa da Sociedade, estará aberta ao público durante eses tres días unha exposición titulada: “BMS, 30 anos de historia musical”.