A Agrupación Musical do Rosal organiza o seu xa veterano XXI Festival de Músicos Xoves
Os vindeiros venres 27 e sábado 28 de Agosto terá lugar este festival, que se realizará na Praza do Calvario do Rosal, como se ven realizando dende o ano 1989 sendo así un dos festivais con mais recorrido na súa categoria.
O venres día 27 a partir das 21,00 horas a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal serán as encargadas de facer sonar este primeiro día de festival.
O sábado 28, á mesma hora que o venres, o festival estará adicado á música coral e nel participarán a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga, Mos, o Coro Cantábile da Guarda, e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.