festivalmeao2012 Como cada ano, no último domingo de abril, o concello de Meaño celebra o seu tradicional festival de bandas de música.

O pasado venres, 13 de abril tivo lugar presentación do vindeiro Festival de Bandas de Meaño, que este ano acada a súa 21ª edición. O acto tivo lugar no hotel restaurante Quinta de San Amaro e onde estiveron presentes o alcalde Jorge Domínguez, xunto co director da banda David Fuiza, e outros membros e directivos da entidade organizadora. Nesta cita sirveu tamén para facer entrega pública dos galardóns do concurso de carteis convocado para anunciar o festival, o primeiro premio recaeu nun xove músico do concello e antigo compoñente da banda anfitriona: Santiago Luis Vázquez.

O XXI Festival de Bandas de Música de Meaño terá lugar o 29 de abril de 2012 a partir das cinco da tarde na praza do concello. Será presentado por Germán Tinzón Freiría e actuarán a Banda Artística de Merza, Banda de Música de O Rosal e a anfitriona, a Banda Unión Musical de Meaño.

O evento comezará co tradicional desfile das tres bandas por diante do concello e de seguido inicirase o festival propiamente dito cos concertos na praza que estará cuberta cunha carpa.

 

Programa do Festival:

Banda Artística de Merza
Director: José Luis Quintás Carreira
– A Yolanda Sánchez de Rafael Taléns.
– Sinfonía Nº 1 de G. Mahler IV Finale (transc.: J.L.Quintás)
– Gran Jota de “La Dolores” de Tomás Bretón (arr.: J.L.Quintás)

Banda de Música O Rosal
Director: Diego Javier Lorente López.
– Terras do Rosal de Ángel A. Montes Abalde
– Symphonic Overture de James Barnes
– Persis de James L. Hosay
– Arabesque de Samuel R. Hazo

Banda Unión Musical de Meaño
Director: David Fiuza Souto
– Orient et occident Op. 25 de C. Saint-Saëns (arre.: Tim Reynish)
– Fantasy Variations de James Barnes
– Estampes Simfoniques de Joaquín Serra I. DAnza Gitana. II. Fiesta Andaluza (trans.: McLain)
– Conga del Fuego Nuevo de A. Márquez (trans.: O. Nickel)

Para rematar interpretarán as tres bandas xuntas o “Himno Galego”.

 

Meaño – 17.00h do 29 de abril de 2012