certamen_jose_varcarcelNova edición do certamen de novos intérpretes solistas “José Valcárcel” nas especialidades de vento madeira e vento metal.

Convócase a 10ª edición do certamen de novos intérpretes solistas “José Valcárcel” (A Estrada), ábrese o prazo de inscrición o 1 de setembro coas especialidades de vento-madeira e vento-metal e coas seguintes bases:

1ª-Ámbito de participación. Poderán participar neste certame todas as persoas que acrediten estudos en calquera Conservatorio ou Escola de Música e que naceran no ano 1988 ou posteriores, excepto o gañador/a de edicións anteriores.

2ª-Modalidades e premios. Establécense dúas modalidades de participación: VENTO-MADEIRA (Frauta traveseira, clarinete, oboe, fagot e saxofón) e VENTO-METAL (Trompeta, fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba).

Haberá unha selección de participantes o día do concurso no transcurso da mañá, pasando a segunda fase un máximo de dez participantes entre as dúas modalidades, establecéndose os seguintes premios:

Solistas: 1º premio cunha dotación de 600€, 2º premio cunha dotación de 400€ e 3º premio cunha dotación de 200€.

Todos os finalistas recibirán un agasallo e haberá diploma de participación para todos/as os/as concursantes.

Se o xurado o cre oportuno calquera premio poderá ser declarado deserto.

3ª-Probas. Os/as concursantes realizarán unha proba dunha obra a libre elección o día e a hora reflectidos na base cuarta no trascurso da mañá, facendo o xurado unha selección dun máximo de dez finalistas que interpretarán a devandita obra durante a tarde no Teatro Principal da Estrada.

Sendo o certamen de carácter solista, cada participante poderase presentar cunha obra a solo. Para aquelas obras que necesiten acompañamento, a organización pon a disposición de todos os participantes un piano de cola, e un pianista que acompañará ata un máximo de 12 participantes que serán seleccionados por riguroso orde de inscrición.

O xurado poderá interromper a actuación dun participante se o cre oportuno.

4ª-Celebración do certame. O certame terá lugar no Teatro Principal da Estrada, a partires das 9 horas da mañá do día 5 de novembro de 2011, para a selección dos dez finalistas que participarán a partires das 19 horas deste día, e no mesmo lugar. A organización establece en 40 o número máximo de participantes para a fase de selección. Se as solicitudes que cumplen cos requisitos establecidos superasen o número de 40 o xurado faría unha selección previa, indicándolle aos alumnos/as non seleccionados/as os criterios aplicados para a realización da devandita selección.

En ningún caso esta selección afectará aos participantes que previamente xa fosen seleccionados para participar co pianista contratado pola organización.

O xurado poderá reducir o tempo de interpretación por participante, ata un máximo de dez minutos, dependendo dos tempos de duración das obras a interpretar.

A organización poderá modificar as datas e a hora programadas para a celebración do certame, o que sería notificado en tempo e forma a todos os inscritos.

5ª-Procedementos e dereitos de inscrición. O prazo de inscrición ábrese o 1 de setembro sendo a data límite para remitir toda a documentación o 20 de outubro. As solicitudes formalizaranse cumprimentando o boletín que se xunta, e serán remitidas “por correo ordinario” ao seguinte enderezo.

CALZADOS A ESQUINA. Calvo Sotelo, nº22, 36680 A Estrada – Pontevedra.

Telf e Fax: 986 57 02 19  Prezo da inscrición: 5 €

Para os participantes que soliciten o acompañamento de piano: ver base sexta.

Á solicitude de inscrición acompañarase a seguinte documentación:

– Resguardo acreditativo de ter ingresada a cota en concepto de dereitos de inscrición en CAIXANOVA, conta nº 2080.0031.34.0040011675.

– Fotocopia do DNI, ou no seu defecto do libro de familia.

-Certificado ou documento que acredite os seus estudos, en conservatorio ou escola de música. Se o solicitante xa participou en algunha edición anterior, está exento de remitir este certificado.

– 5 copias da obra a interpretar, tanto parte do instrumento da modalidade como parte de piano se a ten.

Pechado o prazo de inscrición a organización do certame comunicará a cada participante, antes do 30 de outubro, se cumpre coas bases do certame e si está admitido a participar no mesmo.

Se as solicitudes de participación superasen o número de 40 aos alumnos/as descartados/as, tal e como se establece na base cuarta, devolveríaselle toda a documentación aportada, así como os dereitos de inscrición.

6ª- Acompañamento con pianista da organización. Para a selección destes participantes tomarase como data da inscrición o día e a hora na que se fai efectivo o ingreso dos 5 €. Unha vez recibida toda a documentación, que será remitida nun prazo máximo de 48 horas desde o aboamento dos citados dereitos, a organización porase en contacto cos seleccionados, que terán que facer un ingreso de 15 € mais na mesma conta bancaria en concepto de “acomopañamento de pianista”, e deberán remitir copia do ingreso aoenderezo electrónico [email protected].

Feito este trámite a organización porase de novo en contacto cos citados participantes para facilitarlle o teléfono do pianista co obxecto de concertar data e hora para un ensaio, que será nunha localidades da provincia de Pontevedra.

7ª- Composición do xurado. O xurado está composto por recoñecidos persoeiros do ámbito musical galego.

8ª- Compromiso dos participantes. Os participantes comprométense a aceptar as bases na súa totalidad, así como que se lle poida dar publicidade o material gráfico (fotos, video, etc) realizado durante a celebración do certamen.

 

Para máis información e boletín de inscrición: http://www.aestrada.com/certame