VICicloRianxoArranca hoxe o ciclo de bandas do concello de Rianxo.

O ciclo de Bandas do Concello de Rianxo, que xa vai pola sexta edición, comezará no día de hoxe, 9 de xullo, cunha actuación da Banda de Música de Arca, no Campo de Arriba en Rianxo as 21 horas.

Este ciclo é unha desas non abundantes apostas que dende os organismos fan pola cultura de base das Bandas de Música. Un programa de concertos de bandas de música durante gran parte do verán que amenizan a cidadanía, e dan actividade a numerosas bandas da nosa xeografía.

O seguinte concerto, será mañá sábado, protagonizado pola Banda de Música de Ordes, as 21 horas, no Campo de Arriba.