A quinta edición do concurso de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica xa está en marcha.
A Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica, sendo a data límite de presentación de obras o 28 de setembro de 2012.
O éxito acadado nestes catro anos pode verse nas obras premiadas para banda sinfónica:
- O Soño de Breogán de Juan Durán
- Irmandiños de Juan Fernández Gúzman
- Marea Negra de Antón Alcalde
- A Pedra da Serpe de José L. Represas
- A lenda da Santa Compaña de David Cuevas
- O misterio do Castelo de Pambre de Víctor Enguídanos Royo
- Na Galiza de Paulino Pereiro Martínez
ou para banda de música:
- A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola
- Terra de Oestrimnios e Monte Medulio de Andrés Álvarez
- Pórtico, Dolmen, Camiños da Fin da Terra e Noite de defuntos de Antón Alcalde
- Auga levada de Juan M. Eiras
- Espírito Galego de Santiago Quinto Serna
- A Batalla de Elviña de Manuel A. López Pérez
O concurso consta de tres categorías ás que poder presentarse:
* 1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos)
* 2ª categoría (até 70 músicos)
* 3ª categoría (até 50 músicos)
Máis información: Concurso de Composición.
Descarga aquí as bases e folla de inscrición.
Santiago de Compostela – 28 de marzo de 2012