Nas vindeiras datas daránse a coñecer os catro finalistas que realizarán as probas prácticas e a entrevista personal.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o pasado 15 de outubro, para optar a Director Artístico-Académico da Banda e Escola de Música de Salcedo, trece son as persoas interesadas que remitiron o seu currículo á Asociación Músico-Cultural San Martiño.
Cabe destacar a variedade de nacionalidades e lugares de procedencia dos candidatos: Italia, Holanda, Portugal, Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Alicante, Xaén, Murcia e Galicia.
O próximo 29 de outubro unha Comisión de Selección, conformada por músicos profesionais vinculados á Asociación, ditaminará catro candidatos finalistas para realizar as probas prácticas de dirección e a entrevista persoal, de cara a xaneiro do 2011.
Trece candidatos aspiran a Director Artístico-Académico da Banda de Música de Salcedo e da súa escola de música.
