Les Iluminations de Britten, pola RFG

Mojca Erdman, soprano
Alabada pola crítica e amada polo
público pola súa beleza de ton e
impecábel mestría, a nova soprano
Mojca Erdmann é unha estrela en
aumento na escena musical
internacional. Esta temporada Mojca
interpretará o papel de Despina nunha
nova produción de Cosi fan Tutte en Baden-Baden, onde
regresará para interpretar Don Giovanni, debutará coa
Ópera de Niza como Marzelline en Fidelio, interpretará
A Frauta Máxica na Ópera de Colonia, Sor Angélica de
Puccini en Colonia e Dortmund e o seu debut coa
Bayerische Staatsoper de Múnic con O morcego de
Strauss. Tamén ofrecerá concertos en Hamburgo,
Valencia, Leipzig, Frankfurt, Luxemburgo e os festivais
de St. Riquier e Bad Kissingen. Mojca Erdmann uniráse á
Orquestra de Cámara Mahler na súa xira por Asia e
concertos en Múnic e Colonia interpretando o Stabat
Mater de Pergolesi.
Tras o seu debut no Festival de Salzburgo en 2006 con
Zaida de Mozart, foi convidada a regresar en 2007
interpretando Armida de Haydn. Esta produción foi
repetida en 2009. En 2008 debutou con O rapto no
Serrallo na Ópera de Ámsterdam. Simon Rattle
convidouna a participar na súa produción do Sigfrido de
Wagner en Aix e no Festival de Pascua de Salzburgo de
2009. O mesmo ano debutou con O cabaleiro da rosa de
Strauss na Staatsoper de Stuttgart e apareceu nunha
nova produción de O cazador furtivo de Weber. Os seus
proxectos de futuro inclúen o seu debut na
Metropolitan Ópera de Nova York nunha nova
produción de Don Giovanni.
Artista excepcionalmente versátil, é moi solicitada pola
súa interpretación de música contemporánea. Debutou
coa Ópera Estatal de Berlín na estrea mundial de
Takemitsu – My way of life, dirixida por Kent Nagano.
En 2009 interpretou Proserpina de Wolfgang Rihm, peza
NA MDRE ACJ O M6
escrita especialmente para ela. A continuación Rihm
confioulle a protagonista da súa nova ópera Dionisio,
estreada no Festival de Salzburgo en 2010. Tamén
estreou obras de Aribert Reimann.
Mojca Erdman ten un amplo repertorio en concerto e
traballa regularmente con directores como Simon Rattle,
Nikolaus Harnoncourt, Ivor Bolton, Manfred Honeck,
Kent Nagano, Fabio Luisi e Daniel Harding. Ten actuado
coa Filharmónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica Alemá
de Berlín, a Sinfónica da Radio Bávara, a Sinfónica de
Viena, a Orquestra de Cámara Mahler ou a Sinfónica da
Radio Sueca; e nos principais escenarios coma o
Musikverein de Viena, o Concertbourg de Amsterdam ou
La Scala de Milán.
Conta con numerosas gravacións, incluída unha
aclamada versión da Sinfonía núm. 4 de Mahler coa
Sinfónica de Bamberg e L’enfant et les sortilèges de
Ravel coa Filharmónica de Berlín. En 2011 sairá ao
mercado unha gravación de arias de Mozart coa
Deustche Grammophon

MojcaEdman-SopranoA Real Filharmonía ofrecerá un concerto xunto a Soprano Mojca Erdman.

Read More