solistas_en_ascension

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago celebra a primeira edición de “SOLISTAS EN ASCENSIÓN”.

Sendo este centro o Conservatorio da cidade de Santiago quixeron aproveitar unha festividade tan compostelán como é a Ascensión, que se celebra no mes de maio e que se dirixe notablemente cara a xuventude, para organizar uns concertos nos que o amosar o traballo que se está a realizar co alumnado do Grao Profesional. Mozos e mozas cunha actividade musical emerxente que ofrecerán o seu bo facer nunha cita que agardan quede instaurada na cidade e para a cidade ao redor desta festa.