Na xornada de onte, sábado 21 de xullo, a Banda de música municipal de Silleda acadou o 2º Premio na Primeira Sección (entre 81 e 110 músicos) no 132 Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia. A Banda de Silleda foi a encargada de abrir a súa sección no Palau da Música, co pasodobre “Música y Vinos” de Manuel Morales Martínez, a obra obrigada da sección “Joglaresca” de Francisco Bort Ramón e a obra libre “Where Angels fly” de Kevin Houben. Da man de Rafael Agulló Albors a banda silledense consegue voltar a Galicia cun premio de 3.000€. As puntuación nesta categoría foron as seguintes:

1º Premio – 370 puntos – Associaçao Recreativa e musical Amigos da Branca (Portugal)

2º Premio – 340,5 puntos – Banda de Música Municipal de Silleda

3º Premio – 325 puntos – Banda Municipal de Música de Punta Umbría (Huelva)

O pasado xoves, A Lira de Ribadavia; hoxe, a Banda de Música Municipal de Silleda. Deste xeito as dúas representantes galegas acadan o podio neste Certame nas súas correspondentes categorías. NORABOA!