Hoxe dia 17 de Abril cumprimos un mes informando da actualidade musical.
Fai un mes, un 17 de Marzo de 2010, despois do traballo que levou crear a base de Seis por Oito e tódalas modificacións para cumprir todos os requisitos que tiña que obter para poder abrila o público, decidimos sacala á luz, darllela a coñecer ó mundo. Hoxe, un mes despois, Seis por Oito xa é visitada dende Bélxica, Holanda, EEUU, Reino Unido, Austria e como non, nun 98,37% , visitádesnos dende España.
Dende o primeiro día o noso traballo seguiu unhas moi básicas pautas que foron informar diariamente da actualidade musical de interese no noso entorno e seguir mellorando os sistemas da paxina para poder ofrecerlle a información da mellor maneira posible, e foi así como hoxe se construíu o que hoxe podedes ver, sen deixar aínda de seguir mellorando con novos apartados e funcións que presentaremos proximamente.
Concertos da OSG, da Real Filharmonia, de moitas das nosas Bandas Populares, Cursos, Congresos é un grande etc foi do que informamos durante este mes. Ademais engadimos fai uns días a nosa Area de Merchandising onde poderedes comprar roupa e accesorios orixinais de Seis por Oito de unha gran calidade; e Seis por Oito TV , que é o canal polo que pretendemos retransmitir directos das actividades musicais do entorno e que poidades mirar “á carta” os vídeos que poremos proximamente.
Un mes que sen as visitas, sen que todos vos coñecerades e derades a coñecer Seis por Oito, non sería posible seguir adiante con este proxecto co que pretendemos cubrir todo o que os demais non cobren, informar de todo e de todos, sen poñer trabas a ningún músico para aparecer nun medio de información como Seis por Oito.
Esa é a nosa clave, o noso fin, informar sobre todos é Seis por Oito.
GRAZAS.