O Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega recuperan a figura do pianista e compositor José Arriola, coa edición dalgunhas partituras súas, inéditas, e descubertas recentemente.
Estas partituras edítanse acompañadas por un estudo biográfico e unha serie de comentarios críticos a cada unha das obras.
Este proxecto de recuperación complétase cun concerto extraordinario que terá lugar o mércores 16 de xuño no Auditorio de Galicia (21:00h) e coa gravación dun disco, ambas iniciativas a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Deste xeito, Arriola redescúbrese, non só como un precoz e extraordinario pianista, senón tamén como un dos mellores compositores galegos do século XX.
ASISTENTES:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Francisco Díaz-Fierros, Vicepresidente do Consello da Cultura Galega
Intervirán os autores da publicación: Ramón Castromil, Académico da Real Academia de Bellas Artes de Galicia, Luís Mera, Secretario do Clube de Prensa de Ferrol e Joám Trillo, musicólogo, director e compositor.
DÍA: Xoves 10 de xuño de 2010
HORA: 19:00 horas
LUGAR: Salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Pza do Obradoiro, Santiago de Compostela)