Quinteto_Nuestro_tiempo

O ‘Quinteto nuestro tiempo’ interpretará os tangos de Piazzolla mañá no Colón Caixa Galicia

Mañá, xoves día 21 de outubro, ás 20.30 horas, no Teatro Colón Caixa Galicia soará a música do compositor máis célebre do tango da man do ‘Quinteto nuestro tiempo’ que interpretará unha variada selección das obras de Astor Piazzolla, cos seus arranxos orixinais para quinteto.

 

A composición está formada por Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violín, Romain Lecuyer no contrabaixo e Guillermo Bazzola á guitarra eléctrica, todos eles procedentes de distintos xéneros como o tango, a música clásica ou o jazz.

A programación da Fundación Caixa Galicia no espazo coruñés continuará esta semana co ballet arxentino de Julio Bocca ‘Tango de burdel salón y calles’, en dúas actuacións o sábado (20.30 horas) e máis o domingo (20.00 horas).