Roberto_diaz_ViolaEn vésperas da súa participación na Misa presidida polo Papa na praza do Obradoiro o próximo 6 de novembro, continúa o ciclo de concertos de abono da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia.

O concerto contará coa batuta invitada de Juanjo Mena, quen xa dirixiu á Filharmonía noutras ocasións, tanto en Santiago como noutros lugares. Memorable foi a colaboración entre Mena e a orquestra santiaguesa no Concurso Internacional de Piano de Santander, no verán de 2008.

 

Juanjo Mena é un dos directores españois máis recoñecidos e traballa regularmente coas principais orquestras nacionais. Foi director artístico da Orquestra Sinfónica de Bilbao e a día de hoxe trasladouse a Inglaterra onde é Director Principal da Orquestra Filharmónica da BBC. Tamén é Principal Director Convidado da Filharmónica de Bergen.

O programa estará composto pola Sinfonía núm. 85 de Haydn, coñecida co sobrenome de “A Raíña” e a Sinfonietta de Prokofiev. A parte central do programa será para o Concerto para viola composto por Paul Hindemith. O solista será o chileno Roberto Díaz, quen toca unha viola Camilli de 1739.

PROGRAMA

Real Filharmonía de Galicia

Juanjo Mena, director

Roberto Díaz, viola

 

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 85 en Si bemol maior, “A Raíña”

P. Hindemith, Concerto para viola “Der Schwanendreher”

S. Prokofiev, Sinfonietta, op. 5

DÍA: Xoves 4 de novembro de 2010
HORA: 21:00 horas
LUGAR: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)