Os proximos dias 17, 18 e 19 de abril, Spanish Brass Luur Metalls ofrecerá un curso na Escola i Conservatori Municipal de Música Mestre Montserrat de Vilanova i la Geltrú (Barcelona).

O curso vai dirixido a alumnos de trompeta, trompa, trombón e tuba que estén estudando 4º de nivel de grao elemental, grao medio ou graoo superior  e ós profesionais que estén interesados.

Os interesados en participar no curso deberán reservar plaza e cubrir a folla de inscripción. A data límite para formalizar a matricula será o 9 de abril de 2010.

Ademáis, o domingo 18 de abril ás 17.30 horas, o quinteto ofrecerá o espectáculo “Metàl.lics” no Teatro Principal (Rambla Principal, 4) de Vilanova i la Geltrú. Os alumnos do curso terán a entrada gratuita.